Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXXIII — Introdución demia. Novamente convocáronse cinco cursos, dous deles específicos para o profesorado novel. Nos graos da Facultade de Ciencias da Educación im- partíronse tres cursos específicos sobre como educar en igualdade, previr a violencia de xénero e coeduca- ción en igualdade coa finalidade de reforzar a forma- ción en igualdade do futuro profesorado. Igualmente, para o alumnado do grao en Comunicación Audio- visual programáronse dous cursos co fin de cumprir coas recomendacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e impulsar a formación especiali- zada en violencia de xénero para os/as futuros/as pro- fesionais dos medios de comunicación. Polo demais, dada a problemática que existe nas ac- tividades formativas sobre igualdade e prevención da violencia machista, polo feito de se matricularen fundamentalmente mulleres, programáronse outros dous cursos para o alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), a Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas e a Facultade de Ciencias do Deporte. Incidiuse especialmente nestes tres centros por acolleren graos moi masculinizados, co fin de con- seguir unha maior participación de alumnos, obxecti- vo que se acadou de forma satisfactoria. En 2024 botou a andar o programa “Arrol-Arte” de autocoidados feministas, dirixido a toda a comunida- de universitaria e centrado en diferentes aspectos se- gundo a sesión a desenvolver. Por outra banda, elaborouse un curso off line para o profesorado novel sobre o plan de igualdade, preven- ción do acoso e violencia da UDC e mais de cuestións éticas para ter en conta á hora de impartir docencia. Este curso será obrigatorio para o profesorado novel que ingrese na nosa universidade. Por último, tamén se puxo en marcha un curso para o PTXAS sobre a prevención da violencia de xénero na UDC. Dentro das actividades en colaboración coa oficinas de igualdade da USC e a UVigo, leváronse a cabo va- rias iniciativas, co obxectivo de seguir fomentando a inclusión da perspectiva de xénero nas materias das distintas titulacións e que se materializaron en catro novos títulos da colección de guías en galego para unha docencia con perspectiva de xénero. Desen- volvéronse, así mesmo, as xornadas “Democratizar os coidados e a vida doméstica”, que este ano se realizaron en Vigo no mes de outubro, co obxectivo de xuntar persoas expertas para tratar temas e polí- ticas relacionadas coa conciliación corresponsable. A II Xornada Interuniversitaria Galega sobre Submisión Química e Violencias Machistas, organizada o 18 de abril en formato en liña, reuniu persoas expertas en diferentes temas relacionados con este tipo de vio- lencias sexuais. Este ano incluíuse a colaboración da asociación FARAXA que falou do papel da submisión química na trata e prostitución. Á súa vez, no XVII Encontro de Unidades de Igual- dade, que tivo lugar o 23 e 24 de maio, organizado pola Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria (RUIGEU), supuxo un pun- to de encontro e intercambio de experiencias entre as diferentes unidades de igualdade das universida- des que conforman a rede (nesta ocasión a Univer- sitat de lles Illes Balears foi a entidade anfitrioa do encontro). O 8 de novembro organizouse, na Facultade de Dereito unha xornada formativa para conmemorar os 20 anos da Lei orgánica 1/2004 (a primeira lei integral contra a violencia de xénero) baixo o título “Dúas décadas de loita: balance e perspectivas da Lei inte- gral contra a violencia de xénero”. Nela abordáronse as cuestións xurídicas relacionadas coas violencias machistas e a protección das mulleres, o tratamento xurídico que se fai nos casos de violencia de xénero e o futuro da lexislación nesta materia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==