Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXXII — memoria 2024 Promoción interna 2022: Convocatoria de promoción interna do ano 22 de auxiliar de servizos e telefonista, a C2. Temarios, curso de formación (enviada á Xunta de Persoal). – – Provisión de postos Nos concursos de méritos: Resolución do concurso específico 2 postos de xefatura de servizo. En prepa- ración o concurso específico de 5 postos de PTXAS (2 postos de xefatura de seccións e 3 xefaturas de Servizo). Libre designación: Convocatorias e resolución de 6 postos de LD. – – OEP Acordada coa Xunta de persoal a OEP do ano 2024 quenda libre e promoción interna. – – NORMATIVAS Modificación, corrección, simplificación e humaniza- ción de normativa relativa ao PTXAS: Acordo de teletraballo (enviada á Xunta de Persoal). Resolución da Xerencia, do 22 de decembro de 2022, pola que se regula o procedemento de elaboración e xestión das listas de agarda para a cobertura provi- soria de postos de traballo do persoal de administra- ción e servizos da Universidade da Coruña (enviada á Xunta de persoal). Resolución do 19 de xuño de 2024 pola que se regula a xornada, o horario de traballo, as vacacións e a con- cesión de permisos e licenzas do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos. – – RPT Se fixo unha modificación puntual da RPT (RR 26.06.2024) e está en negociación cos órganos de re- presentación do persoal unha nova modificación. – – FORMACIÓN (Ordinaria e extraordinaria) UDC (70 accións formativas aprox. en dous semes- tres), CIXUG (convenio), EGAP (convenio), MUS (todo o PTXAS), SIGMA (18 accións formativas) – – XESTIÓN DO COÑECEMENTO Déronse os primeiros pasos para a creación dunha co- munidade de prácticas coas persoas que actualmente ocupan as xefaturas de Servizo da UDC: 1ª Reunión e formación de grupos de traballo. n IGUALDADE E DIVERSIDADE As actividades da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) realizadas no ano 2024 centráronse na forma- ción en materia de igualdade, sensibilización da co- munidade universitaria sobre as desigualdades entre homes e mulleres e a atención ás queixas e denuncias recibidas dentro do ámbito que establece o protoco- lo contra o acoso e discriminación da UDC. Así, coma en anos anteriores, impulsouse o programa formativo en materia de igualdade, educación afectivo-sexual, diversidade e non-discriminación para o alumnado. Concretamente, en colaboración co CUFIE, ofer- táronse cinco cursos con diferentes temáticas, orien- tados ao alumnado de grao e doutoramento. No caso do profesorado, a oferta formativa impulsada pola Oficina estivo orientada á introdución da pers- pectiva de xénero na investigación e na docencia e mais na prevención da violencia de xénero na aca-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==