Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXXI — Introdución programa “Explorer”, o cal está auspiciado por San- tander Universidades e ten por obxecto impulsar o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo. Tamén a iniciativa Startup Programme, da Fundación Junior Achievement, está a consolidarse na nosa institu- ción. A finalidade deste último programa é apoiar o estudantado nas súas capacidades emprendedoras. Se ben a base de ambos os programas é virtual, os dous contan con titorización por parte da Unidade de Emprego, a cal coordina ambas as iniciativas. Así mesmo, en 2024 a Unidade de Emprego actuou como receptora na acción Misiones Comerciales en Femenino, do proxecto Innovatia 8.3, que outorga a oportunidade a mulleres universitarias de presentar os seus proxectos emprendedores ante entidades de diversa índole. Igualmente, convén subliñar que continuamos cola- borando co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia (CIXUG) para potenciar o emprendemento a través de inicia- tivas empresariais de base tecnolóxica no ámbito da UDC. É importante destacar que desde a Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade se promove a cola- boración en proxectos e estudos relativos á empre- gabilidade. Así, a vicerreitoría participou no “Estudio a empleadores de tituladas y titulados universitarios” da Comisión Sectorial de Asuntos Estudiantiles da CRUE durante os anos 2023 e 2024. Este estudo será publicado en 2025. No que respecta ao ámbito da participación, desde a vicerreitoría coordínase o grupo de traballo “Movili- dad y Organización y Participación Estudiantil” dentro da comisión sectorial de Asuntos estudantís da CRUE. Desde 2023 este grupo de traballo avanzou na aná- lise de diversas iniciativas e se implicou en xornadas sobre participación a nivel nacional. Tamén, na liña da participación, desde a UDC se puxo en marcha, coa colaboración de CIXUG, a plataforma UDC Participa co fin de impulsar a comunicación e a participación da comunidade universitaria en asuntos de interese para todo o colectivo. A mellora da empregabilidade do noso alumnado re- quire tamén dispoñer de boas ferramentas de diag- nóstico. Por iso, o Observatorio Ocupacional da UDC continuou co seu labor de produción de datos úti- les sobre inserción laboral, perfís demandados polas empresas, espírito emprendedor etc. Elaborouse o informe anual que permite coñecer o grao de inser- ción e as características do emprego dos egresados da UDC. O Observatorio, ademais, elaborou o Infor- me GUESSS – A Coruña 2023, que se publicará na primeira metade de 2025, e que ofrece datos sobre o espírito emprendedor do noso alumnado. Por últi- mo, elaborouse unha nova aplicación de visualización interactiva dos datos de inserción laboral dos nosos egresados que se fará pública durante 2025. n PERSOAL TÉCNICO, DE XESTIÓN E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UDC (PTXAS) – – Acceso e selección de persoal En acceso libre: Elaboráronse, acordáronse e publi- cáronse todas as convocatorias dos procesos selecti- vos correspondentes á OEP libre dos anos 2022 e 2023: 14 convocatorias de diferentes escalas e subescalas. Están preparados todos os tribunais de selección de todos os procesos selectivos. Pendente de publicar lis- taxes definitivas e comezo do proceso selectivo. Na promoción interna: Promoción interna OEP 2022: Resolución da convoca- toria de promoción interna da OEP do 2020 (A2).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==