Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXX — memoria 2024 redondas co fin de mellorar a empregabilidade do alumnado. O último día celebrouse unha Feira de Em- prego, para a cal contamos coa presenza de entidades de todos os ámbitos de coñecemento, as cales tiveron un contacto directo co público nos mostradores infor- mativos e un número importante delas levou a cabo presentacións corporativas e/ou simulacións de entre- vistas e dinámicas de grupo. No ano 2024, motivado polo éxito das edicións pre- vias, a UDC participou de novo no Programa Campus Rural de prácticas universitarias no medio rural, unha iniciativa xurdida da colaboración entre o Ministe- rio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas e as universidades públicas españolas. O principal obxectivo desta iniciativa é incentivar a chegada de capital humano aos espazos máis despoboados e tra- tar así de dinamizar o seu tecido produtivo, social e institucional, contribuindo deste xeito ao reequilibro territorial. Novamente, o programa volveu ter moi boa acollida entre o estudantado. A Universidade da Coruña participou por terceira vez consecutiva no programa EU Careers Ambassadors . A diferenza das edicións pasadas, nas que existían res- tricións de participación, o programa abriuse a todas as universidades interesadas. Con esta iniciativa tráta- se de facilitar a transmisión e a promoción das distin- tas oportunidades profesionais nas institucións euro- peas a través da figura dun estudante “embaixador” que actúa como contacto entre a Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO) e a Universidade. En liña coa visibilización das actuacións da Unión Europea, en 2024 logrouse que unha estudante da nosa uni- versidade fose unha das seis seleccionadas en toda España para participar na terceira edición do proxecto Council Simulation for students , unha simulación do traballo do Consello da Unión Europea e do Consello de Europa, que se celebra en Bruxelas en 2025. Un feito destacado en 2024 é a sinatura dun convenio de colaboración empresarial en actividades de inte- rese xeral entre Fundación Princesa de Girona e UDC no marco do programa “Xeración talento”. Así, e de forma pioneira en España, tivo lugar a primeira edi- ción do programa “Xeración talento” na nosa univer- sidade. O programa está orientado ao estudantado co obxectivo de desenvolver competencias para me- llorar a súa empregabilidade a través da provisión das ferramentas que precisa para acelerar a súa carreira profesional e acrecentar o seu acceso ao emprego. Un trazo característico deste programa é a mobilidade xeográfica para participar en actividades e a conexión con mozos e mozas de toda España. Esta convocato- ria tivo unha excelente acollida entre o alumnado. A promoción da cultura emprendedora segue a ser un obxectivo principal desta vicerreitoría, estando aliña- do co plan estratéxico da universidade. No ano 2024 cómpre sinalar a sinatura dun convenio de colabora- ción entre a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e as tres universidades públicas galegas para levar a cabo actividades de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade univer- sitaria. Ao amparo deste convenio leváronse a cabo novas actividades como, por exemplo, varios obra- doiros formativos como o Aprendendo a Emprender, destinados a todo o colectivo universitario e imparti- dos por profesionais externos de recoñecida traxec- toria emprendedora; a convocatoria da primeira edi- ción dos premios universitarios a traballos de fin de grao (TFG), traballos de fin de máster (TFM) e teses de doutoramento en materia de emprendemento; ou o I Concurso Iniciativa Emprendedora ActidudE. De igual xeito, seguimos a ofrecer ao noso estudan- tado e á comunidade universitaria en xeral oportu- nidades de participación en iniciativas de fomento da cultura emprendedora que xa contan cunha tra- xectoria na nosa institución. Neste sentido, destaca- mos a colaboración, por décimo ano consecutivo, no
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==