Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXIX — Introdución petición dos centros, 194 charlas e obradoiros. No curso 2024/25 colaboraron na campaña 130 profeso- res/as, impartindo ata a data un total de 244 charlas e obradoiros. – – Xuntanza híbrida (presencial/virtual) co persoal dos Departamentos de Orientación de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, celebrada o 22 de febreiro de 2024 no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA). Inscribíronse máis de 140 persoas dos departamentos de Orientación dos centros educativos. – – Embaixadores UDC (novidade no 2024), charlas im- partidas polo profesorado da UDC en centros edu- cativos de bacharelato e ciclos formativos de grao superior de toda Galicia, sobre as titulacións de grao, as bolsas e a vida universitaria. No curso 2023/24 co- laboraron no programa “Entra no Futuro: Embaixa- dores UDC” 89 profesores/as, e foron impartidas un total de 45 charlas. No curso 2024/25 contamos con un total de 130 embaixadores/as e, ata a data, foron 76 as charlas rexistradas. – – Apoio a diferentes áreas e departamentos dos cen- tros universitarios para desenvolver actividades de difusión como son as visitas guiadas ás facultades e escolas, institutos universitarios de investigación e centros de investigación, situados nos campus de A Coruña e de Ferrol. Esta actividade foi ofertada a estudantado dos centros de bacharelato e de for- mación de ciclos superiores. – – Feiras de orientación universitaria: Participamos en feiras de orientación universitaria dando a coñecer a UDC en case 30 feiras en Galicia, León, Madrid e Matosinhos - Oporto (Portugal). Calcúlase que foron informados máis de 9 000 futuros estudantes. Así, as solicitudes de preinscripción tramitadas para o curso académico 2024/25 nos graos oficiais foron 5 092 e nos másters universitarios oficiais 9 173. Rematamos o curso 2023-24 organizando desde a UDC o Acto Mellores Expedientes Galicia (MEGA- BAU) no Coliseum da Coruña, que se celebrou o 21 de xuño de 2024. Trátase dun acto de celebración para o futuro estudantado universitario galego, con un grande éxito de asistencia. Participaron no evento 1 086 estudantes de toda Galicia que acadaron as me- llores notas de acceso á universidade e os seus cen- tros educativos que recolleron un agasallo polo labor realizado. Ao evento asistiron ao redor de 4 000 per- soas entre estudantado, familias, centros educativos de bacharelato e autoridades. n EMPREGABILIDADE No relativo ao emprego e a empregabilidade, no ano 2024 seguíronse a levar a cabo diversas accións co obxectivo último de axudar a desenvolver compe- tencias para a mellora da empregabilidade do noso estudantado. Respecto a actividades de formación, a Unidade de Emprego levou a cabo unha nova edi- ción do Programa de Mellora da Empregabilidade nos Centros da UDC (PMEC), con tres módulos de- dicados a autoemprego, procura de emprego por conta allea e presentación de experiencias reais de inserción laboral. Tamén continuou a colaboración co CUFIE coa impartición do curso en formato virtual Mellora da Empregabilidade. Este curso intégrase dentro do Plan de apoio á aprendizaxe (PAA) destina- do ao estudantado da UDC. Igualmente, e do mesmo xeito que en anos anteriores, a Unidade de Emprego impartiu diferentes relatorios e seminarios por peti- ción dos centros, alén de colaborar na impartición de charlas dentro de xornadas de orientación profesio- nal de varios títulos. Ademais, por sétimo ano consecutivo, organizouse o Foro Avanza, un punto de encontro entre o estudan- tado e os axentes do mercado laboral. Ao longo de dous días tiveron lugar relatorios, obradoiros e mesas

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==