Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXVIII — memoria 2024 Todo este traballo queda reflectido nos resultados obtidos pola UDC no Ranking GreenMetric. En España, a UDC ocupa o 6º posto de 32 universidades presen- tadas e continúa sendo a líder dentro do Sistema Universitario de Galicia. En cifras, a UDC acumulou o 81 % do máximo puntuable, e situouse na posición 186 mundial. En aspectos coma a compostaxe acadou a puntuación máxima, xa que os residuos orgánicos que se xeran nas cafeterías se converten en compost den- tro dos propios campus, para seren empregados como abono nas hortas comunitarias cultivadas por persoas pertencentes á UDC. n ESTUDANTADO A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade, co apoio das distintas vicerreitorías, mantivo ao longo do ano 2024 unha interlocución aberta e permanen- te co estudantado da UDC a través de representates deste, e co conxunto do estudantado, para coñecer de primeira man as circunstancias que lles estaban afectando e potenciar a participación en representa- ción estudiantil. Refórzase a presenza de asociacións estudiantís, chegando a inscribirse no RAE-UDC ata un total de 17 asociacións de estudantes. Acercamos a universidade ao noso estudantado desde o primeiro día coa Xornada de Benvida Curso 2024/25, celebrada o 19 de setembro simultaneamente en – – Campus da Coruña: no Estadio Universitario de Elvi- ña. 2 000 persoas e 48 postos de diferentes servizos e unidades da UDC. – – Campus de Ferrol: na Praza de Humanidades en Es- teiro. 500 persoas e 26 postos en Ferrol. Desde esta vicerreitoría publicáronse as convocato- rias de bolsas, axudas e premios para o estudantado, para que ninguén quede fóra da Universidade por problemas económicos. Estamos a falar da Convoca- toria de prazas de aloxamento para o estudantado da Universidade da Coruña nas residencias públicas dos campus da Coruña e Ferrol, Bolsas de Comedor, Axudas para o alumnado en situación de dificultades Económicas, Premios Excelencia UDC á mellor nota de admisión nos graos, axudas para os gañadores de Olimpíadas Científicas, bolsas Santander Progreso, bolsas de colaboración en departamentos e forma- ción complementaria, bolsas para estudos de máste- res universitarios oficiais, entre outras. Ademais, des- de o curso 2019-20 estableceuse unha liña de axuda dirixida a estudantes con problemas de conectivida- de que se segue mantendo pola súa boa acollida, Programa de préstamo de ordenadores portátiles. No curso 2023-24, foron beneficiados nesta convoca- toria un total de vinte e tres estudantes, e no curso 2024-25 os portátiles prestados foron doce. É de salientar que, a través da Convocatoria de axu- das de dificultades económicas, 80 estudantes perci- biron un total de 55 192,24 € o que contribuíu a que puidesen continuar cos seus estudos. Das 8 653 soli- citudes tramitadas de bolsas do Ministerio de Educa- ción fóronlle concedidas 4 481 bolsas ao noso estu- dantado. Hai que destacar que para os cursos 2023-24 e 2024- 25 se asinou un convenio co Concello da Coruña para ofrecer unha tarifa plana universal para o alumnado dos campus de Coruña, establecendo na tarxeta Mi- llenium o perfil de estudante universitario. Coa finalidade de dar a coñecer a oferta formativa, os recursos e as posibilidades para o desenvolvemento dunha vida universitaria rica en experiencias, a Vice- rreitoría de Estudantes e Empregabilidade a través do Servizo de Estudantes organizou as seguintes activida- des de orientación universitaria dentro do Programa de Difusión da Oferta Académica #ENTRA NO FUTURO: – – Campaña de Divulgación Científica: No curso 2023/24, un total 85 de docentes impartiron, por

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==