Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXVII — Introdución — Oficina de Sustentabilidade A antiga Oficina de Medio Ambiente (OMA), depen- dente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustenta- bilidade, no 2024 pasou a denominarse Oficina de Sustentabilidade (OdS) co obxectivo de abranguer os tres piares da sustentabilidade: ambiental, económica e social, cunha visión máis transversal do termo. Esta aposta pola sustentabilidade viuse reforzada cunha coordinación máis integrada cos proxectos da propia vicerreitoría, a través da figura do adxunto de susten- tabilidade, que actúa como bisagra entre o Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos e a OdS. Por outra banda, renovouse a dirección da OdS, agora ocupada por un investigador novo experto en cam- bio climático e cunha ampla visión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Con esta nova estrutura, no pasado ano comezaron a sentarse as bases para converter a universidade nun li- ving lab , un laboratorio en vivo onde os nosos grupos de investigación aborden, de xeito interdisciplinario, problemáticas de interese para a nosa institución e a nosa contorna socioeconómica, que sexan exporta- bles a outros, e que ofrezan solucións innovadoras e transferibles á sociedade. Neste contexto, iniciouse un estudo da mobilidade da comunidade universitaria para propoñer melloras ben fundamentadas ás institucións con competencias no transporte público municipal e metropolitano. Por ou- tra banda, e grazas ao finanzamento do Concello da Coruña, redactouse un proxecto para a recollida das augas de escorrentía no val do río do Lagar (campus de Elviña), que serán almacenadas nun alxibe e depuradas a través de sistemas de drenaxe sostible para seren re- utilizadas na rega do campo de fútbol de Elviña. Este aproveitamento das augas evitará verter augas limpas ao sistema de saneamento (evitando os custos da súa depuración) e aforrará o consumo de auga potable para rega, que nos meses de verán supera os 12 000 €. Continuouse o programa Green Campus, no que par- ticipan a maioría dos centros docentes da UDC, aca- dando a Bandeira Verde como recoñecemento ao seu traballo no eido da sustentabilidade en xa 13 faculta- des e escolas. No ano 2024 ampliáronse as actividades relacionadas coa protección da biodiversidade cun maior finan- ciamento por parte do Concello da Coruña para a xestión do Monte da Fraga, podendo así incremen- tar as actuacións neste tesouro natural no campus da Zapateira. Dentro desas actuacións destaca a renova- ción dun número significativo de chanzos que salvan fortes pendentes nos sendeiros que artellan o Monte da Fraga, mudando travesas de madeira por banzos de granito natural e mellorando así a seguridade e a accesibilidade para todas as persoas usuarias. Tamén se levaron a cabo multitude de actividades partici- pativas para a divulgación e posta en valor de este espazo natural: reforestación, retirada de especies invasoras, rutas etc. A UDC recibiu por terceiro ano consecutivo o galar- dón “Sendeiro Azul” pola ruta do Monte da Fraga, concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), e sendo a única universi- dade de España que conta con este recoñecemento. Tamén se continuou coa caracterización de residuos e o mantemento dos puntos de compostaxe, as campa- ñas de aforro de auga, enerxía e papel, e o fomento do uso da bicicleta. Ademais, no relativo ás hortas ur- banas comunitarias, iniciouse a xestión de novas hor- tas no campus de Ferrol e continuouse no campus de Elviña. No eido da mobilidade sustentable en 2024 mantí- vose o programa de préstamo de bicicletas ordina- rias, pregables e eléctricas e realizáronse actividades formativas no uso da bicicleta e accesos campus- cidade.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==