Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXVI — memoria 2024 materna e infantil e o fomento da satisfacción laboral e a igualdade de xénero, creouse unha Sala de Lac- tación dentro da Facultade de Ciencias, no campus da Zapateira. A privacidade, accesibilidade, limpeza e comodidade, xunto co equipamento necesario, foron os condicionantes tomados en conta para a creación e definición do espazo. Neste mesmo eixo de actuación enmárcase tamén a creación de dúas zonas de traballo e estudo colabora- tivo na Facultade de Informática. A remodelación per- mite que os usuarios desfruten de luz natural, vistas ao Castro de Elviña e unha contorna máis amable, e responde ao compromiso coa creación de contornas humanizadas, acolledoras, accesibles e funcionais, pensadas para favorecer a interacción e o benestar da comunidade universitaria. No marco do Convenio de Infraestruturas co Concello da Coruña, as accións desenvolvidas pola vicerreitoría durante o ano 2024 tiveron como obxectivo principal a mellora da accesibilidade peonil e a promoción do transporte sostible entre os campus de Elviña e A Za- pateira. Reurbanizouse a rúa Rebandas na contorna da Aula de Estudo Xoana Capdevielle. As beirarúas atopában- se en moi mal estado, co pavimento levantado por mor das raíces das árbores, constituíndo un perigo de tropezo. Esta actuación, moi demandada tamén pola veciñanza do Castro de Elviña, mellorou a accesibili- dade peonil nesta área clave do campus. Elaborouse un Estudo da implantación de carril bici nos campus de Elviña e a Zapateira, co fin de avanzar cara a unha rede de mobilidade máis sustentable e integrada co resto da cidade, planificando tramos que permitan unha execución por fases. Executouse un novo tramo de carril bici na rúa Reban- das, como parte da reurbanización desta vía. Este tra- mo, identificado como prioritario no estudo anterior, considérase esencial para mellorar a conexión ciclista entre os dous campus universitarios, xa que permite enlazar co camiño de Saramelos. Rastreouse a localización do lavadoiro tradicional do Lagar, do que se tiña noticias da súa existencia na contorna do ESCI. Limpouse, coidadosamente, ao seu redor a vexetación que o ocultaba, co fin de poñelo en valor e permitir desfrutar deste patrimo- nio histórico que forma parte da memoria do Val de Elviña tanto á comunidade universitaria como a toda a cidadanía. — Avances na Cidade das TIC Ao longo do ano 2024 avanzouse na execución das obras correspondentes ao proxecto de “Mellora dos accesos e dotación de subministracións básicas ne- cesarias para a posta en funcionamento inicial da Cidade das TIC”. Estas actuacións contaron con fi- nanciamento procedente do convenio subscrito co Concello da Coruña para este fin. A intervención consistiu na urbanización do anel via- rio perimetral, incluíndo a pavimentación das rúas con formigón lavado para garantir a convivencia de tráficos, e as instalacións urbanas de saneamento, ilu- minación, abastecemento de auga, subministración de electricidade (incluíndo un centro de transforma- ción de media tensión), telecomunicacións e sistemas de drenaxe urbana sostible. Ademais, axardinouse a contorna do edificio do Centro de Servizos Avan- zados (CSA), actualmente funcionando a pleno ren- demento con empresas innovadoras do sector TIC, incluíndo aparcamentos con pavimento drenante, árbores e bancos, xerando un entorno humanizado e sustentable. As obras atópanse practicamente fina- lizadas, pendentes unicamente de intervencións me- nores para a súa completa posta en servizo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==