Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXV — Introdución eficiente; a instalación dun novo ascensor no Edificio Normal; a mellora do sistema de climatización na Fa- cultade de Ciencias; e a implementación do sistema de free-cooling xa mencionado en varios edificios da Universidade. Por outra banda, continuouse coa execución do plan de renovación da iluminación interior e exterior dos edificios universitarios e os campus, mediante a subs- titución progresiva das luminarias existentes por ou- tras de maior eficiencia enerxética, co obxectivo de reducir o consumo eléctrico e mellorar o rendemento dos sistemas de iluminación. A plataforma informática de monitorización de va- riables na UDC segue a medrar, incorporando datos procedentes dos diferentes centros da nosa universi- dade, recollendo os consumos de electricidade, gas, auga e xeración enerxética. Recóllense tamén datos referentes á ocupación de espazos, temperatura, hu- midade e calidade do aire, grazas á participación no proxecto Conecta-Coruña, impulsado polo Concello da Coruña. — Humanización Este eixo de actuación oriéntase á mellora da contorna de convivencia da comunidade universitaria, co obxec- tivo de crear contornas máis accesibles e inclusivas que favorezan o benestar emocional e social do estudanta- do, do persoal docente e investigador, do persoal téc- nico, de xestión, administración e servizos, así como das persoas visitantes. Estas accións foron deseñadas en coherencia cos principios da sustentabilidade, in- corporando solucións e materiais que optimizan o uso dos recursos dispoñibles e que cumpren cos estánda- res esixidos polas certificacións sustentables. As actuacións foron custeadas na súa meirande parte con fondos finalistas, con cargo por unha banda ao Convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2023-2024, coa Con- sellería de Educación, Ciencia, Universidades e For- mación Profesional, e ao Convenio de Infraestruturas co Concello da Coruña, pola outra. A actuación máis destacada neste apartado foi a creación da Casa do Estudantado , un espazo pen- sado como lugar de encontro, colaboración, traballo e convivencia para o conxunto do estudantado da UDC, co obxectivo de reforzar o sentido de pertenza á comunidade universitaria. Para este fin acondicio- nouse o atrio a dobre altura do antigo Pavillón de Es- tudantes, unha localización privilexiada no centro do campus de Elviña, que lle outorga gran visibilidade e accesibilidade. Outra das actuacións destacadas foi a habilitación dunha sede estable para os Centros Interuniversitarios nos que participa a UDC. A sede, situada no atrio cen- tral e en dúas salas do andar -4 do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), configúrase como un espazo híbrido que combina zonas de traballo indivi- dual e colaborativo, áreas de descanso e unha zona para charlas e conferencias. A súa concepción pro- move o uso compartido e a interacción entre equipos multidisciplinarios e multi-institucionais, optimizando recursos e fomentando a colaboración entre investi- gadores, xerando un ambiente de traballo acolledor. Tendo en conta que a Escola T écnica Superior de Náutica e Máquinas é o único centro con actividade docente no Campus de Riazor, afastado dos Campus de Elviña e A Zapateira, optouse por acondicionar un espazo dentro da Escola como Sala do Estudantado, dotándoo de mobiliario que permite actividades de descanso, lecer, traballo en grupo e encontro. Esta actuación, xunto cun convenio co Conservatorio Su- perior de Música para que o estudantado poida usar o seu comedor, trata de paliar en certa medida a ca- rencia dunha cafetería operativa no centro. Así mesmo, seguindo os principios de sustentabilida- de social, co obxectivo prioritario de apoio á saúde

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==