Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXIV — memoria 2024 — Mellora enerxética As intervencións relativas á mellora enerxética teñen como obxectivo principal garantir o correcto funcio- namento das instalacións, de acordo á normativa, op- timizar custos de mantemento e conseguir aforros nos pagos de subministracións. Este apartado estrutúrase en tres liñas de traballo: 1 Mellora e acondicionamento das instalacións de subministración eléctrica, de calefacción e climati- zación para optimizar o funcionamento das instala- cións mediante renovacións totais ou parciais. 2 Intervencións nas instalacións para a súa adecua- ción á normativa. 3 Intervencións para mellora enerxética, orientadas á sustentabilidade, conseguindo aforros nos custos das subministracións. Unha das actuacións máis importantes do ano 2024 vencéllanse a esta liña de mellora enerxética, e con- sistiu na licitación e execución de once instalacións fotovoltaicas para outros tantos centros universitarios nun moi curto espazo de tempo. As instalacións foron realizadas con cargo ás subven- cións do Instituto da Enerxía de Galicia (INEGA) con fondos MRR (Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia) 2021-2024, dentro da iniciativa europea Next Generation. Os centros nos que se executaron as novas instalacións foron: Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Edificio de Departamentos da ETS de Arquitectura, Facultade de Dereito, Facultade de Filoloxía, Faculta- de de Informática, Casa do Estudantado, Edificio de Servizos Centrais de Investigación, CITIC, Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, ETS de Enxeñaría de Camiños Canais e Portos e Aula de Estu- dos do campus de Ferrol. Trátase dunha aposta polo autoconsumo de enerxía limpa. Producirase un aforro na emisión de CO 2 , estratexia clave na loita contra o cambio climático, e tamén un aforro económico nota- ble, que se estimou nun 10 % no total da electricidade consumida pola UDC, arredor de 260 000 €/anuais. No marco do compromiso coa sustentabilidade e a eficiencia enerxética, leváronse a cabo moitas outras actuacións orientadas a optimizar o consumo de ener- xía e reducir o impacto ambiental das nosas instala- cións. Unha das máis significativas foi a renovación do Cen- tro de Procesamento de Datos (CPD), situado no Edi- ficio de Servizos Centrais de Investigación. Realizouse unha mellora integral na acometida de rede e datos, co obxectivo de garantir un funcionamento máis efi- ciente, seguro e adaptado ás crecentes esixencias tec- nolóxicas da institución. Optimizáronse as instalacións de electricidade, climatización e seguridade contra incendios, coa intención de adecuación do CPD aos máis altos estándares de seguridade nacional. Na ac- tualidade a obra está a piques de rematar. Neste mesmo apartado levouse a cabo unha nova ins- talación para a refrixeración do CPD do CITIC, que in- clúe a incorporación de dúas novas arrefriadoras de alta eficiencia e a mellora da instalación existente de free- cooling , que permite o aproveitamento da temperatura exterior para arrefriar o espazo, reducindo os custos por uso de sistemas de refrixeración convencional. No eido da mellora e acondicionamento, a renova- ción dos equipos e as novas instalacións realizáronse mediante a incorporación de modelos tecnoloxica- mente máis avanzados e con maior rendemento ener- xético, co obxectivo de optimizar a eficiencia operati- va e garantir un funcionamento máis fiable, seguro e sustentable. Entre as actuacións realizadas destacan a substitución dunha caldeira de pé por dúas unida- des murais de menor potencia no Edificio da Área Científica, que traballarán en paralelo de xeito máis

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==