Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXIII — Introdución investigación na solución dos problemas da propia institución. Plan Integral de Rehabilitación, Mellora Enerxética e Humanización (PIRMEH) — Rehabilitación As actuacións de rehabilitación nos inmobles que in- tegran o patrimonio edificado da UDC estrutúranse en catro liñas principais: 1 Intervencións en envolventes (cubertas, fachadas e carpintarías) para mellorar a estanquidade e a efi- ciencia enerxética dos nosos edificios. 2 Intervencións vencelladas á mellora da habitabili- dade dos espazos, con fin de garantir as condicións mínimas para o desenvolvemento das actividades docentes, investigadoras e de servizos. 3 Intervencións vencelladas á seguridade, para adap- tación á normativa vixente e á prevención de riscos para a saúde das persoas usuarias. 4 Intervencións vencelladas á accesibilidade para mellorar a interacción de toda a comunidade cos nosos espazos. A meirande parte das intervencións de rehabilitación no ano 2024 centráronse na optimización da envolven- te térmica, posto que a estanquidade, especialmente fronte á auga, se considera como máxima prioridade. Ao longo deste ano executouse una intervención de grande entidade na Facultade de Ciencias do De- porte e a Educación Física, situada en Bastiagueiro, consistente na substitución das cubertas do salón de actos, da biblioteca, do edificio de aulas e do edifi- cio de usos múltiples. O obxectivo principal desta intervención era asegurar a adecuada evacuación de augas nas cubertas destes edificios, como actuación previa á instalación de paneis fotovoltaicos sobre elas. Co mesmo obxectivo, efectuáronse traballos de re- paración de cubertas na Escola Universitaria de Ar- quitectura Técnica e na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. En ambos os casos, procedeuse á reparación da lámina imper- meabilizante, prestando especial atención aos petos e aos encontros cos paramentos verticais das cuber- tas planas. Tamén se acometeu a instalación de novas chapas de zinc na cuberta da Escola Técnica Superior de Arquitectura, así como a reparación das existentes. Así mesmo, levouse a cabo o selado de carpinterías, xuntas e encontros en diversos edificios, entre os que se inclúen a Escola Universitaria de Arquitectura Téc- nica, o Edificio de Servizos Centrais de Investigación, a Facultade de Filoloxía, a Facultade de Ciencias e a Facultade de Enfermaría e Podoloxía, mellorando o illamento térmico e a protección fronte a factores cli- máticos adversos. Estas actuacións contribúen á mellora da eficiencia enerxética e ao confort interior dos edificios, ademais de asegurar a súa conservación e funcionalidade a longo prazo, e foron financiadas na maior parte polo Plan de Infraestruturas Universitarias da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Xunta de Galicia). No campo das intervencións vencelladas á mellora da habitabilidade, destaca o pintado das pistas de xogo no pavillón polideportivo de Elviña. No eido da accesibilidade, mercouse unha rampla mó- bil que complementa a preexistente na institución. Coa combinación de ambas pódense resolver provisional- mente a meirande parte dos problemas puntuais para atender ás necesidades das persoas con mobilidade reducida en centros que aínda non foron adaptados.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==