Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXII — memoria 2024 en liña entre universidades de distintos países. Estas iniciativas completáronse coa continuidade das con- vocatorias de profesorado visitante de fala inglesa, o incremento da oferta de cursos específicos en inglés e a reactivación dos cursos presenciais de español para o alumnado internacional. A convocatoria de axudas á internacionalización man- tén os obxectivos básicos da nova estratexia de inter- nacionalización da UDC, reforzando o financiamento de accións que promovan a visibilidade exterior da nosa institución, o desenvolvemento de titulacións conxuntas e a capacitación do persoal en competen- cias chave para a internacionalización. n INFRAESTRUTURAS E SUSTENTABILIDADE Os edificios e instalacións da Universidade da Co- ruña, que teñen por obxecto acoller as funcións do- centes, investigadoras e de prestación de servizos á comunidade universitaria, atópanse nun estado de conservación deficiente, por mor da falta de investi- mentos en suficiente contía para o seu axeitado man- temento desde a crise económica de 2008. Seguindo os principios de sustentabilidade, aforro e eficiencia, no ano 2024 empezouse a traballar nun Plan Integral de Rehabilitación, Mellora Enerxética e Humanización (PIRMEH), co fin de orientar os fondos propios, e os captados a través de convenios específicos con ad- ministracións autonómicas, provinciais e locais, cara a investimentos que poñan en valor o patrimonio construído xa existente, cunha superficie de máis de 350.000 m 2 distribuídos en case 60 edificios. O Plan Integral de Rehabilitación, Mellora Enerxética e Humanización ten como obxectivo establecer unha planificación estratéxica para optimizar os investimen- tos en infraestruturas dos recursos dispoñibles. Partirá dunha diagnose da situación actual das infraestruturas e concrétase no establecemento de tres liñas priorita- rias de actuación nos edificios do campus da Coruña e do campus de Ferrol: Rehabilitación, Mellora Enerxé- tica e Humanización, como o seu propio nome indica. Dentro do plan prevense intervencións de pequena entidade, pero grande impacto no estado de conser- vación dos centros, xunto con obras significativas de rehabilitación nos edificios que precisan un enfoque máis integral ou grandes investimentos. A orde de intervención segue criterios estritamente técnicos atendendo ao grao de perentoriedade co obxecto de manter os edificios en condicións axeita- das para a realización de actividades de docencia e investigación propias dos mesmos, optimización de recursos e aforros de consumos. Mentres se licita o diagnóstico integral, que permitirá establecer a orde de intervención de xeito rigoroso, as prioridades establecéronse desde a dilatada ex- periencia e o profundo coñecemento do estado dos edificios por parte dos técnicos do Servizo de Arqui- tectura, Urbanismo e Equipamentos. Ademais, ao longo deste período, a área de Infraes- truturas da UDC dedicou unha parte significativa dos seus esforzos ás intervencións promovidas na Cidade das TIC. No eido da sustentabilidade, a vicerreitoría de In- fraestruturas e Sustentabilidade realizou unha firme aposta pola integración transversal deste principio en todas as súas actuacións. Con ese obxectivo, refor- zouse a estrutura de goberno cun adxunto de Sus- tentabilidade, quen vela porque todas as actuacións en infraestruturas se rexan por criterios sustentables, e un Director da Oficina de Sustentabilidade (OdS), que recolle o labor desenvolvido pola antiga Ofici- na de Medio Ambiente (OMA) e traballa no estable- cemento dun living lab na UDC. Este laboratorio en vivo ten como propósito a implicación dos grupos de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==