Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXI — Introdución As alianzas de universidades europeas teñen como obxectivo establecer consorcios entre institucións eu- ropeas de educación superior coa finalidade de mello- rar a súa competitividade internacional e promover valores e identidades europeas. A UDC tiña asinado un convenio xunto con 8 universidades para a parti- cipación nunha alianza de universidades denominada EMERGE ( Empowering the Margins of Europe through Regional and Global Engagement ) –Rennes2 (Fran- cia), Université de Bretagne Sud (Francia), University of Limerick (Irlanda), Democritus University of Thrace (Grecia), Europa-Universität Flensburg (Alemaña), Inn- land Norway University of Applied Sciences (Noruega), Univerzita Mateja Bela (Eslovaquia), Neapolis Universi- ty Pafos (Chipre). No ano 2024, a Comisión Europea co- munica aos membros de EMERGE a concesión dunha subvención por valor de 14,5 millóns de euros para o financiamento das futuras actividades da nova alianza. A UDC coordina nesta alianza de universidades os tra- ballos conxuntos de I+D+i e co-coordina as tarefas re- lacionadas coa mobilidade de persoal e estudantado. No marco desta alianza, a UDC asistiu a reunións para a súa posta en marcha, tanto en Bruxelas coma en Li- merick. EMERGE, baixo a coordinación da Universida- de de Limerick, comeza oficialmente a súa actividade o 1 de xaneiro do ano 2025. Dentro das actividades de promoción internacional destaca a asistencia a eventos de networking , nos que se fomenta a formalización de novos acordos con outras universidades, e a feiras de captación de es- tudante regular. Entre as primeiras accións destacan a participación da UDC na feira da EAIE ( European Association for International Education ) en Toulouse (Francia), e os encontros con universidades dos Esta- dos Unidos en Sevilla ( Hispanic Association of Colle- ges and Universities , HACU) e con universidades de Reino Unido en Edimburgo. É preciso destacar que a UDC, xunto cos universidades públicas do SUG, orga- nizaron en Santiago de Compostela, entre os días 6 e 7 de maio de 2024, as XXI Jornadas CRUE Internacio- nalización y Cooperación . No relativo a feiras de cap- tación de estudantes, destaca a participación da UDC na feira Europosgrados (México), dirixida á captación de estudantes de Máster. A promoción e a visibilización da UDC complétase coa organización anual da International Staff Week (ISW) e a International Summer School (ISS). A ISW contou con máis de 50 participantes internacionais procedentes de 30 universidades diferentes, incluíndo institucións pertencentes ao consorcio EMERGE. Na ISS un total de 20 profesores e profesoras internacio- nais impartiron 16 cursos de distintas áreas de coñe- cemento, aos que asistiron un total de 112 estudantes de 37 nacionalidades diferentes. Desta forma, a ISW e a ISS consolídanse como unhas das principais accións de proxección exterior dos campus da UDC. En canto a regulamentos, convocatorias e estratexias de internacionalización, no ano 2024 apróbase un novo regulamento da comisión de relacións interna- cionais da UDC, unha nova normativa sobre docencia en inglés nas titulacións da UDC, e a nova estratexia de internacionalización da UDC para o trienio 2025- 2027, na que se lle dá prioridade a accións dirixidas ás rexións de América Latina e a Lusofonía. No ano 2024 empézase tamén a traballar nun novo regulamento sobre mobilidade internacional do estudantado. A nova normativa sobre docencia en inglés inclúe a modalidade clásica de impartición completa da mate- ria en lingua inglesa, e como novidade a modalidade English Friendly , na que o idioma principal da docen- cia é o galego ou o castelán, mais ofrécense recursos, atención individualizada e materiais en inglés . A finali- dade principal da modalidade English Friendly é a de garantir unha maior accesibilidade do estudantado in- ternacional en mobilidade á oferta formativa da UDC. No eido da internacionalización na casa, desenvolvé- ronse tamén acción dirixidas a potenciar os programas COIL ( Collaborative Online International Learning ), como modelo innovador de colaboración académica

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==