Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XX — memoria 2024 No relativo a outras figuras contractuais, en 2024 aprobáronse 49 prazas de profesorado axudante doutor, 27 de profesorado asociado (das que 1 non se cubriu), 1 de profesor/a asociado/a de Ciencias da Saúde, e 71 de profesorado substituto/a (das que 12 non se cubriron). De acordo co disposto na disposición transitoria quin- ta da Lei 3/2023, do 22 de marzo, do sistema universi- tario, 16 profesores/as contratados/as doutores/as e 1 profesora colaboradora integráronse na categoría de profesor/a permanente laboral. Durante o ano 2024 houbo 2 nomeamentos de profe- sorado emérito e 6 de profesorado honorario. O día 1 de marzo de 2024, o Consello de Goberno aprobou a RPT do PDI da Universidade da Coruña a 31 de decembro de 2023. n INTERNACIONALIZACIÓN No relativo aos programas de mobilidade interna- cional de estudos e persoal a través do programa Erasmus+ (acción KA131), realizáronse un total de 327 mobilidades de estudantes da UDC a países da Unión Europea e asociados, das que 12 mobilidades foron coa finalidade de realizar prácticas en empresas e institucións. Na modalidade de mobilidade de curta duración (entre cinco e trinta días de estadía) partici- paron un total de 27 estudantes da UDC. A Facultade de Economía e Empresa e a Facultade de Informática foron os centros da UDC que participaron máis na mo- bilidade saínte por razón de estudos. A mobilidade entrante rexistrada na UDC ascendeu a un total de 420 estudantes. En canto a mobilidades bi- laterais, isto é, con institucións de países de fóra da UE cos que a UDC ten acordos de mobilidade asinados, realizáronse un total de 16 mobilidades saíntes e 150 mobilidades entrantes. No programa Erasmus+, a ac- ción KA171 está principalmente encamiñada á coope- ración ao desenvolvemento, e financiar mobilidades a países asociados non recollidos nas accións Eras- mus+ KA131. No ano 2024, un total de 27 estudantes de países de fóra da Unión Europea foron financiados para estudar na UDC. Como novidade, no ano 2024 publícase una convocatoria específica de prazas nas residencias da UDC para o estudantado internacional, priorizando a adxudicación a estudantes procedentes de rexións desfavorecidas. En canto á mobilidade de persoal, un total de 43 per- soas do colectivo de PTXAS, e 62 persoas do colectivo de PDI, participaron en mobilidades con fins formati- vos (STT), ao abeiro do programa Erasmus+ KA131 e KA171. Un total de 49 profesores da UDC foron finan- ciados na modalidade STA do programa Erasmus+ para impartir docencia noutras universidades euro- peas. Convócanse tamén por primeira vez, con finan- ciamento do programa Erasmus+, axudas para que PDI e PTXAS da UDC organicen accións formativas de curta duración denominadas BIP ( Blended Intensive Programmes ). No programa SICUE de mobilidade entre universida- des españolas seguimos a asinar, renovar e aumen- tar o número de áreas nos convenios existentes con todas as universidades públicas e algunhas privadas do resto do Estado. No ano 2024 producíronse un total de 104 mobilidades saíntes e 70 mobilidades entrantes. A captación de fondos e a presenza da UDC en alian- zas estratéxicas internacionais segue medrando a tra- vés da participación en proxectos do programa Eras- mus+ KA122, tanto como institución coordinadora como participante. No ano 2024 a UDC participou en 23 proxectos desta tipoloxía, sendo institución coor- dinadora en catro deles. Esta participación tradúcese en máis de 13 millóns de euros para o conxunto de institución participantes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==