Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XIX — Introdución En definitiva, desde o punto de vista económico, o ano 2024 na Universidade da Coruña estivo caracte- rizado, fundamentalmente, pola diagnose dun dese- quilibrio financeiro estrutural, como punto de arran- que do proceso de procura do reequilibrio. n PROFESORADO En 2024 continuaron as restricións nas políticas de contratación provocadas polo límite da masa salarial, de maneira que o incremento autorizado, como veu acontecendo en anos anteriores, foi absorbido polo importe das retribucións derivadas do crecemento vexetativo do persoal docente e investigador (trie- nios, quinquenios, sexenios e os diferentes comple- mentos autonómicos). De cara á redución da temporalidade na contratación, realizouse a prelación para a convocatoria de prazas de axudante doutor/a dirixida ás áreas de coñece- mento con contratos de persoal interino de substitu- ción que estivese a cubrir docencia estrutural, que tivo en conta tamén as necesidades derivadas de próxi- mas xubilacións. A incorporación de profesorado axu- dante doutor reforzouse a través da aprobación das primeiras convocatorias do programa María Goyri, co- financiado entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Xunta de Galicia, que terán conti- nuidade no ano 2025. En novembro de 2024 foi aprobada a Normativa de selección do persoal docente e investigador, para uni- ficar nun único texto os procedementos anteriores de contratación do persoal laboral e funcionario e actua- lizalos ao marco normativo derivado da Lei 3/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. A Oferta de Emprego Público (OEP) do persoal do- cente e investigador (PDI) da UDC para o ano 2024 incluíu un total de 72 prazas. Logo da negociación e o acordo cos órganos de representación do PDI, o Consello de Goberno, na súa reunión de 1 de mar- zo, aprobou a proposta con 28 das prazas do corpo de profesorado titular de universidade, 33 prazas de profesorado permanente laboral e 11 cátedras de universidade polo procedemento de promoción interna. En aplicación das disposicións legais vixen- tes, 6 prazas de profesor/a permanente laboral e 3 de titular de universidade, o 15 % do total ofertado, reserváronse para incorporar de preferencia per- soal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3/R3, que tamén se poden ofertar para a incorporación de persoal investigador doutor doutros programas de excelencia que acadasen a citada certificación. Fi- nalmente, reserváronse 5 prazas para persoas con discapacidade. Tras a convocatoria de prelación para definir as pra- zas que correspondería convocar, a execución da OEP 2024 supuxo que, no ano 2024, o Consello de Goberno aprobase 24 prazas de profesorado perma- nente: 8 cátedras de universidade, 13 de profesorado titular de universidade e 3 de profesorado permanen- te laboral. En 2024 tamén se aprobou en Consello de Goberno a convocatoria de prazas correspondentes á execución da OEP de anos anteriores: 7 prazas de profesorado titular de universidade (2 da reserva I3/R3) e 12 prazas de profesorado permanente laboral (5 da reserva I3/ R3) destinadas á estabilización de 7 investigadores/as de programas de excelencia e de 9 persoas contra- tadas como axudante doutor/a, así como á creación dunha praza vinculada co SERGAS. En total, o Consello de Goberno aprobou en 2024 a convocatoria de 8 prazas de catedrático/a de universi- dade, 20 prazas de profesor/a titular de universidade e 15 prazas de profesor/a permanente laboral.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==