Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XVIII — memoria 2024 A liquidación do orzamento de 2023 cuantificou o desequilibrio financeiro. O remanente de tesouraría non afectado, que recolle o aforro acumulado, ofrecía ao remate dese ano un valor negativo de 13,1 millóns de euros. A principal diverxencia respecto do orzado atópase pola banda dos ingresos: nese exercicio os ingresos non afectados liquidados (capítulo 3 de Ta- xas e outros, e Plan de Financiamento) foron inferiores aos orzados en 3,9 millóns de euros, e os ingresos en convenios específicos (I+D+i) estiveron 4,5 millóns por baixo do previsto. O importe do remanente de tesouraría non afecta- do negativo obriga a realizar un rigoroso axuste plu- rianual, xa iniciado no ano 2024. Non obstante, o re- manente de tesouraría total positivo, de 15,4 millóns de euros, garante a solvencia da institución a curto e medio prazo. A análise realizada na presentación da liquidación de 2023 aos Consellos de Goberno e Social e na programación plurianual presentada ao Claustro en 2024 pon de manifesto o desequilibrio entre os in- gresos e gastos ordinarios da institución. Os ingre- sos non finalistas liquidados foron de 130,1 millóns de euros (114,2 millóns do Plan de Financiamento do SUG e 15,9 millóns do capítulo 3, principalmen- te de taxas), o cal apenas cobre os 129,4 millóns en gastos de persoal e en bens e servizos (capítulos 1 e 2). Pero, ademais destes gastos correntes, o fun- cionamento normal da universidade implica gastos en bolsas, axudas e gastos consorciados (capítulo 4) e investimentos en reformas, mobiliario, equipamen- to científico e informático, e biblioteca, entre outros (capítulo 6). Os gastos sen financiamento afectado nos capítulos 4 e 6 sumaban 8,6 millóns de euros no orzamento de 2023. A análise a longo prazo confirma o carácter estrutu- ral do desequilibrio financeiro. Resulta moi ilustrativa a comparación do exercicio económico de 2023 co de 2009, ano no que orzamento da UDC acadou un máximo. Obviamente, para comparar as cifras cóm- pre facer os axustes segundo o IPC, que nese período medrou un 28,6 %. O orzamento inicial pasou de 2009 a 2023 de 137,8 a 168,4 millóns de euros nominais, co cal, corrixindo pola inflación, en termos reais reduciu- se nun 4,9 %. Os gastos de persoal liquidados pasaron de 86,5 mi- llóns de euros en 2009 a 111,2 millóns en 2023. Isto supón unha variación do 28,4 %, na liña da inflación, o que amosa contención, xa que o aumento da ida- de do persoal xera un crecemento vexetativo dos emolumentos. No caso do gasto en bens e servizos, o axuste foi fortísimo: pasou neses 14 anos de 18,2 millóns de euros a 18,4, o que equivale a un recorte real do 21,3 %, unha vez considerado o IPC. Toman- do o conxunto do gasto nos capítulos 1 e 2, os 129,4 millóns de euros liquidados en 2023 supoñen unha redución en termos reais do 3,8 % sobre o executado en 2009. Os ingresos totais liquidados en 2023 medraron, nominalmente, un 15,9 % respecto do ano 2009, un crecemento que é practicamente a metade do que experimentou o IPC. Centrándonos nos ingresos non afectados, cruciais para o equilibrio das contas, o in- cremento foi só dun 13,2 %: os ingresos do Plan de Financiamento creceron un 16,9 %, mentres que e os do capítulo 3 se reduciron nun 7,6 %, como con- secuencia da evolución da pirámide poboacional e dunha conxelación dos prezos de matrícula pola que as universidades non recibiron compensación nin- gunha. Eliminado o efecto das variacións dos prezos, os ingresos non afectados reducíronse un 12 % real de 2009 a 2023. Se os 114,9 millóns de euros de ingre- sos non afectados do ano 2009 se actualizasen coa inflación, equivalerían a 147,8 millóns en 2023, o cal suporía dispor, só nese exercicio, de 17,7 millóns por riba dos 130,1 millóns de ingresos non finalistas efec- tivamente recibidos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==