Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XVII — Introdución lización dos indicadores bibliométricos é agora máis sinxela e directa a través do novo Portal da Investi- gación, que capta os datos directamente das fontes primarias (WoS, por exemplo). Neste proceso cabe destacar o traballo do Servizo de Biblioteca da UDC. Nun futuro inmediato, o portal tamén achegará datos de proxectos, contratos e convenios. Para iso, estase a traballar coas oficinas (SERIN, EXI, OPI) para incluir os méritos, de modo que os/as IP non teñan que cubrir os méritos na plataforma SUXI, senón que a maioría de méritos se transfiran de modo directo. A este res- pecto, desenvolvéronse aplicacións informáticas para a xestión dos contratos e os convenios. Promovéronse iniciativas de mellora tanto na optimi- zación da configuración dos grupos de investigación (programa Agrupa), como na relación entre a univer- sidade e a empresa. Modificáronse os regulamentos de formulación de contratos Art. 60 e de creación de empresas baseadas no coñecemento, e púxose en marcha un ambicioso programa de fidelización das empresas coas que a UDC ten relacións no ámbito da I+D+i (programa UDC Conecta) cuxos froitos se ma- terializarán en 2025. Adaptouse a regulamentación dos estudos de dou- toramento á lexislación vixente e simplificáronse os procedementos administrativos, como paso previo á xestión informatizada dos trámites de lectura de te- ses de doutoramento. Todos os novos regulamentos foron redactados a partir de procesos participativos. Elaborouse unha normativa de contratación do per- soal contratado para tarefas de investigación moito máis áxil e que incorpora dereitos das persoas traba- lladoras. As condicións laborais deste colectivo están a ser negociadas cos representantes laborais para es- tablecer un marco laboral digno. Acondicionouse a planta -4 do edificio ESCI como un espazo de traballo colaborativo, con salas de reunións e habilitouse neste a sede dos centros interuniversita- rios de investigación (ECOBAS, CISPAC, CITMAGa). Tamén se habilitou e legalizou o animalario do CICA, o que implicou a conformación dun Comité de Ética de Experimentación Animal. n ORZAMENTO A finais do ano 2023 a Universidade da Coruña apro- bou unha prórroga do seu orzamento para o exercicio 2024. Aínda que, nominalmente, o total do orzamento pasaba de 168,4 millóns de euros a 184,4 millóns, estas cantidades non son directamente comparables, debi- do a un cambio metodolóxico relativo á cuantificación dos recursos captados en proxectos e convenios, que pasaron a agregarse en grandes partidas, incluíndo es- timacións globais das posibilidades de captación ao longo do exercicio. As previsións de ingresos proce- dentes do Plan de Financiamento do Sistema Universi- tario de Galicia, que pasaron de 114 no orzamento de 2023 a 118 millóns de euros no de 2024, proporcionan un indicador máis preciso da evolución real dos recur- sos dispoñibles. Cómpre salientar que o crecemento vexetativo dos gastos de persoal orzados absorbía a práctica totalidade da variación anual destes ingresos. No ano 2024 púxose de manifesto un desequilibrio financeiro na Universidade que impediu aprobar un novo orzamento equilibrado e realista, polo que se mantivo vixente o orzamento prorrogado, mentres se iniciaba a senda na procura de restablecer o equi- librio. Neste sentido, no Claustro do 17 de abril de 2024 anunciábanse actuacións en tres liñas funda- mentais: a restrición do gasto, cunha retención xe- ral do 30 % dos créditos iniciais (excluídos gastos de persoal, gastos con financiamento afectado e con- tratos vixentes); a procura de recursos adicionais da Administración autonómica a través de convenios; e a revisión dos investimentos en infraestruturas para axustalas ás necesidades máis urxentes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==