Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XVI — memoria 2024 A Universidade Sénior reafirmou o seu compromiso coa aprendizaxe ao longo da vida a través do Proxec- to de Democratización do Coñecemento , con edi- cións desenvolvidas en Costa da Morte, Betanzos, As Pontes, Ortigueira, Arteixo e Carballo. Desde 2018, o proxecto suma 27 edicións e máis dun milleiro de par- ticipantes, achegando formación universitaria a diver- sas comarcas da contorna. n INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA Durante o ano 2024 lográronse avances moi significa- tivos no ámbito da investigación e a transferencia. A rede de centros CIGUS, da que só formaba parte o CITIC no que respecta á UDC, conta agora co CICA, como membro de pleno dereiro e como membro colaborativo co CITEEC. Ademais, o centro interuni- versitario ECOBAS tamén é un centro colaborativo. Desde a rede de centros e unidades de investigación (REDCIDi) da UDC, estase a traballar para uniformizar as boas prácticas en xestión e captación de talento, que levaron ao éxito do CITIC e do CICA, na totalida- de dos centros de investigación, co obxectivo de que na próxima convocatoria todos os centros da UDC ad- quiran a acreditación CIGUS. Unha das demandas máis recorrentes das persoas investigadoras durante os últimos anos foi a xestión dos proxectos internacionais de investigación. É im- portante remarcar que a captación de fondos en con- vocatorias internacionais creceu dun modo notable nos últimos anos, ata estabilizarse en cifras por riba dos 5 M€ nos últimos dous exercicios. Historicamente, este crecemento non se viu acompañado por un incre- mento no persoal da oficina, o que se materializou en problemas de xestión. Durante o ano 2024 fortaleceu- se a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI), e este proceso continuarase durante 2025 ata lograr unha xestión eficiente dos proxectos, que incentive os/as IP a continuar na senda de crecemento de peticións e éxito nas convocatorias. Isto é aplicable tamén aos proxectos unipersoais (ERC, MSCA, RyC etc) que se canalizan na Oficina de Cap- tación de Persoal Investigador (OCPI) e que tamén acredita unha senda de crecemento moi importante nos últimos anos (31 contratos RyC desde 2017, como exemplo). Convén resaltar que tanto a OCPI como a OPI solicitaron e conseguiron axudas estatais para a mellora dos seus respectivos servizos, con dotacións por encima dos 100 000€ en cada caso. A OTRI solicitou e logrou a súa acreditación esta- tal como Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC), o que constitúe un fito importante e leva consi- go o seu cambio de denominación. A iniciativa destas solicitudes xurdiu do persoal das oficinas, o que mos- tra a súa proactividade e o seu compromiso, extensivo a todos os servizos e oficinas dependentes da VIT. Nesta memoria pódese apreciar unha variación impor- tante na presentación dos recursos externos capta- dos pola UDC. A cifra global, por encima dos 34 M€ en 2024, contrasta cun histórico cuxo máximo nunca superou os 20 M€. Este incremento débese ao crece- mento nalgunhas partidas, como as axudas a grupos, á imputación das axudas de centros de investigación CIGUS ao ano de concesión (2024), e sobre todo, á vi- sibilización de recursos externos que non se incluían en informes anteriores, por exemplo os ingresos por cáte- dras ou os ingresos por convenios singulares de I+D+i asinados con institucións e empresas, e que se tramitan directamente na vicexerencia de investigación e o EXI (axudas vinculadas a fondos NG, cátedra ENIA, INCIBE etc.). Dado o volume crecente destes convenios singu- lares, crearase unha unidade específica para a xestión de convenios e proxectos singulares, con sede no EXI. A produción científica da UDC no que ten que ver con artigos, patentes ou creación de spin-offs mantívose durante 2024 en cifras similares ás de 2023. A visibi-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==