Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XV — Introdución 58,45 % do profesorado acadou unha cualificación de desempeño excelente (43 docentes recibiron o cor- respondente certificado de excelencia) e un 38,73 %, de desempeño notable. Durante o curso 2023-24, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) mantivo a súa aposta pola formación permanente do profesora- do e do estudantado da UDC, a través dos diferentes plans formativos que ofrece e que permiten realizar boa parte das actividades en formato virtual, tanto síncrono como asíncrono. Unha das principais novi- dades deste curso foi a posta en marcha do Plan de Formación para Axudantes Doutores/as (PFAXD), que dá resposta aos requirimentos da LOSU. A través dos seus 16 módulos, este plan aborda as competencias docentes que o profesorado debe desenvolver nos primeiros anos de docencia universitaria. No ámbito da innovación docente, o CUFIE, en cola- boración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), publicou unha nova convocatoria de proxectos de Aprendizaxe e Servizo, que culminou coa certifi- cación de 60 proxectos, en colaboración cun total de 145 entidades receptoras conveniadas. Esta cifra su- pón un incremento de 8 proxectos respecto ao curso 2022-23. Ao abeiro da Normativa de avaliación e recoñece- mento de grupos de innovación docente (GID) da UDC, resolveuse a V convocatoria, á que se presenta- ron 9 grupos, cun total de 69 integrantes rexistrados. Tras a avaliación realizada pola Comisión Asesora de Innovación Docente, 8 GID acadaron a categoría de “consolidados” e 1 a de “en vías de consolidación”. Como mostra do compromiso do PDI coa innovación docente, cómpre salientar a elevada participación na I Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), organizada en colaboración coas universidades públicas do SUG e celebrada na UDC en outubro do 2023. Do total de 333 inscricións, 210 foron de persoal docente da UDC, que presentou 75 comunicacións e obtivo os tres premios nas modalida- des convocadas. No curso 2023-24 tamén se consolidou o uso da pla- taforma de formación en aberto UDC Aberta (https:// udcaberta.udc.gal/), posta en marcha o curso ante- rior. A través desta plataforma impartíronse 9 cursos MOOC, cun total de 1 800 persoas inscritas, tanto da UDC como doutros países. O número de persoas que superaron os cursos foi de 1 078, o que supón unha taxa de finalización do 60 %, un dato extraordinario neste tipo de formación aberta. Finalmente, no marco do proceso de transición cara á nova ferramenta de xestión académica, SIGMAAcade- mic, o CUFIE deseñou guías docentes cunha estrutura máis sinxela e adaptadas ao Real decreto 822/2021. Como parte dun proxecto piloto, as guías docentes do curso 2024/25 foron implantadas nas titulacións da Facultade de Filoloxía, onde se organizaron obradoi- ros presenciais dirixidos ao profesorado, co obxectivo de facilitar a súa edición na nova plataforma. No curso académico 2024-25, a Universidade Sénior contou con 944 persoas matriculadas: 617 no campus da Coruña e 327 no de Ferrol. A súa oferta formativa estruturouse nos programas de Grao Sénior e Forma- ción Específica para egresados, completada con se- minarios e obradoiros. No Grao Sénior, impartíronse 21 materias na Coruña e 17 en Ferrol, mentres que os programas de Formación Específica incluíron 9 mate- rias en cada sede. Como novidade, a sede da Coruña acolleu o novo programa de posgrao Patrimonio Cultural: Coñece- mento, Conservación e Difusión , dirixido a titulados sénior. Ademais, incorporouse o Programa Introduto- rio Explorando o Coñecemento , destinado a persoas en lista de agarda para o Grao Sénior, que ofrece unha primeira experiencia universitaria durante un curso académico.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==