Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XIV — memoria 2024 Estamos, pois, nunha fase de consolidación da estru- tura completa das titulacións. O desenvolvemento pleno desta nova estrutura fai necesaria a actualiza- ción das súas normativas académicas, co obxectivo de adaptarse ás necesidades organizativas e de re- cursos dos centros, á protección dos dereitos do es- tudantado, así como aos cambios introducidos pola lexislación estatal e autonómica. Neste contexto, destaca a posta en marcha da nova normativa que regula a modalidade docente dos estudos de grao e máster, destinada a definir os aspectos diferencia- dores das titulacións presenciais, híbridas e virtuais; así como a aprobación da normativa de progresión e permanencia do estudantado, orientada a responder ás demandas da sociedade actual. Estas medidas en- márcanse no esforzo de adaptación ao Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e o pro- cedemento de aseguramento da súa calidade. Así mesmo, proseguiuse coa posta en marcha do novo software de xestión académica, SIGMA Academic. Despois de levar a cabo, durante o curso 2021-22, o preproxecto de implantación, no curso 2022-23 ini- ciouse a implantación do software nos procesos vin- culados ao ciclo de vida dos másteres universitarios, e no curso 2023-24 ampliouse ás titulacións de grao da Facultade Filoloxía. Implantáronse con éxito pro- cesos de preinscrición, matrícula, expedientes, actas, enquisas de avaliación, entre outros, o que implicou varios servizos da UDC, os equipos directivos das di ferentes facultades e escolas, así como a comunida- de. No vindeiro curso completarase a implantación nos ciclos de vida dos graos restantes, dos progra- mas de doutoramento e dos títulos propios da UDC. No eido dos títulos propios, a oferta de posgrao foi de seis másteres de formación permanente, un diplo- ma de especialización e un diploma de experto, ade- mais de dous cursos de formación específica e dúas microcredenciais. Un feito relevante a nivel nacional e a posta en marcha do Plan Microcreds que é un plan, impulsado pola Comisión Europea, para o desenvol- vemento de microcredenciais universitarias, que se vehiculará a través das comunidades autónomas. Es- tívose a traballar na adopción das Orientacións para o deseño e acreditación das Microcredenciais Uni- versitarias froito do traballo realizado polo grupo de traballo CRUE-RUEPEP. A UDC participou como uni- versidade socia no proxecto Certidigital cuxo obxec- tivo é o desenvolvemento dun servicio de certifica- ción dixital para o Sistema Universitario Español no marco do EEES. Aprobouse na Comisión de Estudos Propios o Sistema Interno de Garantía de Calidade que foi remitido a ACSUG para a súa avaliación. Por outra banda, a Comisión Executiva do Consello So- cial do 29/05/2024 aprobou, entre outras, as tarifas e taxas administrativas aplicables os Estudos Propios na UDC. Canto á área de calidade, continuouse coa revisión da adaptación da documentación dos Sistemas de Garantía de Calidade (SGC) que diversos centros —en concreto, oito— están a levar a cabo. Desde a Unidade Técnica de Calidade déuselles apoio aos centros, á Unidade de Estudos Propios e á Escola Internacional de Doutoramento nos procesos de de- seño e modificación dos SGC. Revisouse a documen- tación dos SGIC da Facultade de Ciencias da Saúde e da Facultade de Economía e Empresa para a súa renovación, e proporcionouse asesoramento na ela- boración dos autoinformes, así como na recompila- ción de evidencias e indicadores necesarios para os procesos de seguimento anual de titulacións e reno- vación da acreditación. Revisáronse 9 autoinformes de renovación de acreditación (correspondentes a 2 graos, 6 másteres e 1 programa de doutoramento). Así mesmo, prestouse apoio na elaboración de ac- cións de mellora e alegacións en resposta aos infor- mes provisionais emitidos pola ACSUG no marco do seguimento anual e da renovación da acreditación. Cómpre indicar tamén que no ano 2024 se publicou a XIII Convocatoria do Programa Docentia, na que se avaliaron un total de 142 docentes. Os resultados obtidos permiten facer unha valoración positiva: un
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==