Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XIII — Introdución Cumprindo o mandato estatutario, que establece que o reitor debe render contas ante o Claustro cunha memoria anual de xestión, presento nas páxinas que seguen a correspondente ao ano 2024. Como en oca- sións anteriores, xunto cos cadros que reflicten a acti- vidade da comunidade universitaria, incluímos un tex- to introdutorio, analítico e explicativo que pretende facilitar a contextualización dos datos aquí recollidos. n OFERTA ACADÉMICA Na actualidade, a Universidade da Coruña conta cunha oferta docente consolidada, renovada e prepa- rada para dar resposta con garantía ás necesidades e aos requirimentos presentes e para afrontar os futuros. A UDC está en condicións de desempeñar un papel decisivo na acción educativa e cultural que demande a sociedade. Bo exemplo disto son as titulacións de grao, implantadas nos últimos cursos, algunhas pio- neiras no Sistema Universitario de Galicia (SUG) e no Sistema Universitario Español polas competencias que lle outorgan ao estudantado, polo seu modelo organizativo, polas metodoloxías empregadas e pola súa vinculación á contorna socioeconómica do terri- torio. Por todo iso, e polas súas características dife- renciadas, moitas das titulacións da UDC están a se consolidar como un referente educativo, tanto dentro do sistema universitario galego como a nivel estatal. No curso 2024-25, a Universidade da Coruña ofertou 43 graos nas diferentes ramas e ámbitos de coñecemen- to, 7 programas de simultaneidade e 2 graos abertos. Algunhas das titulacións que conforman o catálogo de graos da UDC son únicas no Sistema Universitario Ga- lego. Cómpre destacar, ademais, a concesión do Selo de Grao de Excelencia por parte da Xunta de Galicia aos graos en Enxeñaría Informática e Fisioterapia, un recoñecemento á súa calidade académica. A oferta de másteres universitarios combina especialización, visión global e innovación. Trátase dunha oferta ampla e equilibrada, con 65 propostas pertencentes a dis- tintas ramas e ámbitos de coñecemento. Neste curso comezaron a se impartir 2 novos másteres interuniver- sitarios: Biofabricación e Internet das Cousas - IoT e un máster oficial propio: Tecnoloxía Téxtil e Moda Sus- tentable; mentres que se suprimiu da oferta o Máster en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía. Así mesmo, é importante salientar que a calidade dos másteres da UDC se viu novamente recoñecida pola concesión do Selo de Máster Universitario Excelente ao Máster en Dirección e Administración de Empre- sas, na quinta convocatoria desta distinción outorgada pola Xunta de Galicia. Con esta nova distinción, a UDC consolídase como a universidade do Sistema Universi- tario Galego con maior número de selos de excelen- cia, ao contar con nove dos catorce concedidos até o momento. Canto á evolución da matrícula nas diferentes titula- cións da UDC mantívose en cifras similares ás do cur- so anterior. O número de estudantes de grao experi- mentou un curso máis un lixeiro ascenso ao pasar de 13 746 matriculados/as no curso 2023-24 a 13 915 no 2024-25. No caso do máster, tras pequenas diminu- cións nos dous últimos cursos, a matrícula aumentou de novo no 2024-25 e acadou os 2 352 estudantes, a cifra máis elevada rexistrada ata o momento. Esta evo- lución confirma a tendencia de crecemento sostido da última década, cun incremento acumulado próximo ao 50 % respecto ao curso 2014-15.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==