Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XXIX — Introdución e vegana, nutrición para deportistas, comer fóra ta- mén pode ser saudable, entre outras. Incorporáronse dez convenios con entidades externas. A UDC Sau- dable consolidou a súa colaboración coa plataforma One Health, e continuou a colaborar cos programas Green Campus, a Área de Deportes (asesoramento de deportistas de elite), a creación dunha Escola de Alimentación UDC Saudable en colaboración con UFA-CUFIE e tamén con Espazo Compartido na inclu- sión en materias de titulacións oficiais do alumnado con discapacidade intelectual. O IX Outubro UDC Saudable foi co-organizado pola Facultade de Turismo. Ademais, debido á necesidade de manter estratexias de concienciación e comuni- cación da promoción da saúde, repetíronse e incor- poráronse diversas e numerosas campañas sobre Ha- bilidades para a Vida e de REUPS e UDC saudables mensuais: saúde mental, suicidio, tabaco ou diabete, entre moitas outras. O programa de atención psicolóxica á comunidade universitaria Afrontemos, que se puxo en marcha en novembro do ano 2020, consolidouse no ano 2022 e normalizou o seu funcionamento durante o 2023 no relativo á lista de agarda. Trátase dun programa de atención especializada (intervención psicoterapéutica executada por especialistas de psicoloxía sanitaria e clínica) dirixido a quen poida estar pasando por unha situación de crise psicolóxica. É un servizo gratuíto da UDC a que se pode acceder de xeito presencial ou en liña. A Unidade de Atención á Diversidade (ADI) atendeu as solicitudes de 87 persoas con discapacidade e/ou necesidades específicas de apoio educativo relacio- nadas con axustes sobre o seu currículo educativo universitario. Neste sentido, a Unidade continuou coa súa atención personalizada e a emisión de informes individuais para cada unha destas persoas, que se lles fixeron chegar aos centros a través da rede de titores/ as de diversidade. Mantívose o sistema de atención ao alumnado por videoconferencia no caso de que o precisasen, para chegar a aquelas persoas que por motivos de saúde ou persoais non se podían despra- zar ao campus. A Unidade mantivo a súa participación na Rede SA- PDU, que engloba todos os servizos similares das universidades españolas. Froito desta participación xorden moitas sinerxías de traballo importantes (en- contros virtuais, campañas de divulgación etc.) e du- rante o curso 2022-2023 a ADI-UDC continuou levan- do a Secretaría da Rede SAPDU e a coordinación do grupo Comunicación e TIC dentro da Rede, perten- cente á CRUE-Asuntos Estudantís. Un fito importante para a unidade neste curso 2022- 2023 foi a apertura do servizo de atención á comu- nidade LGTBIQ+, dento do cal se fixo un esforzo especialmente importante na creación de campañas de difusión e formación de persoas da comunida- de universitaria, ademais de reforzar a atención de todo o colectivo. Deste esforzo xorde tamén o apoio á creación da primeira asociación estudantil do co- lectivo e a participación máis activa da ADI na RUD (Rede Universitaria pola Diversidade), que engloba aquelas universidades que contan con atención es- pecífica a alumnado da comunidade LGTBIQ+. Tanto as campañas implementadas (#EsmorgaCo- llection e #MoitoOrgullo), como as guías sobre per- soas trans publicadas durante o curso 2022-2023 constituíron un importante esforzo por promover unha universidade máis respectuosa coa diversidade e a inclusión. O Programa Espazo Compartido desenvolveu a súa V Promoción, do bienio 2021-2023. Esta promoción estivo formada por 17 estudantes que cursaron as materias teóricas e prácticas do título e ademais par- ticipan en materias impartidas noutros títulos. Para este bienio deseñáronse dúas actividades de mobi- lidade, unha no ámbito nacional e outra no ámbito
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==