Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
memoria 2022 — 12 — • Aprobación cun voto en contra da modificación do Programa de atracción de talento “berce para RyC” da UDC a través das Axudas “Ramón y Cajal”. • Aprobación por unanimidade da proposta da con- vocatoria de prazas de PDI contratado. • Aprobación por unanimidade do acordo para so- meter á aprobación do Consello Social da UDC a modificación dos Estatutos da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia (FCITICG) para pos- terior sometemento á aprobación do Consello Social. Consello de Goberno do 20 de xullo • Aprobación por unanimidade da proposta de doazón á UDC do Fondo Distrito Mineiro da Co- ruña e Fondo Isidro Parga Pondal. • Aprobación por unanimidade da aprobación de Declaración de interese público da solicitude de subvención á Deputación Provincial para a Cáte- dra de Dereito Local. • Aprobación por unanimidade de novas propostas e modificacións de títulos universitarios oficiais para a súa implantación no curso 2023/24. • Aprobación por unanimidade dunha corrección de erros da Normativa específica para o Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química, por unha corrección de erros. • Aprobación por unanimidade da proposta de con- vocatoria de prazas PDI laboral. • Aprobación por 27 votos a favor, 3 en contra e 2 abstencións a proposta de cambios de dedicación PDI laboral. • Aprobación por unanimidade da proposta de au- torización de licenzas. • Aprobación por unanimidade da proposta de no- meamento e renovación de profesorado emérito e honorario. Consello de Goberno do 28 de setembro • Aprobación das fichas resumo do Título propio de posgrao Emprendemento no Sector Alimentario. • Aprobación das propostas e modificacións de tí- tulos oficiais para a súa implantación no curso 2023/24. • Aprobación da proposta de modificación do ca- lendario de extinción do programa de Simulta- neidade dos Graos en Arquitectura Técnica e CC Empresariais. • Aprobación da proposta de convocatoria de pra- zas PDI laboral. • Aprobación da proposta de autorización de li- cenzas. • Aprobación da proposta de nomeamento e reno- vación de profesorado emérito e honorario. • Aprobación da modificación da Normativa regula- dora da docencia en inglés nas titulacións da Uni- versidade da Coruña. • Aprobación da proposta de modificación da rela- ción de postos de traballo do persoal de adminis- tración e servizos da UDC. Consello de Goberno do 3 de novembro • Aprobación da Memoria de Responsabilidade So- cial da UDC 2020-2021. • Aprobación das contas anuais da UDC do exerci- cio 2021. • Aprobación das medidas de aforro enerxético e redución do impacto medioambiental na UDC de aplicación do artigo 30 do Real decreto Lei 14/2022, do 1 de agosto. • Aprobación da modificación da Normativa regula- dora de docencia en inglés nas titulacións da UDC. • Aprobación do Calendario de novas propostas e modificacións de títulos oficiais para a súa implan- tación no curso 2024/25. • Aprobación do Calendario de novas propostas e modificacións de programas de doutoramen- to para a súa implantación no curso académico 2024-25. • Aprobación da modificación da memoria do título de Grao en Relacións Internacionais. • Aprobación da proposta de concesión dos pre- mios extraordinarios de doutoramento – Curso 2020/21.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==