Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXXV — Introdución Por outra banda, a OCV lidera o traballo de elabora- ción dunha estratexia común na UDC para a execu- ción da Axenda 2030 e a consecución dos obxecti- vos de desenvolvemento sustentable, para o que se recompilou información dos diferentes servizos da UDC. Ademais, e tras a pandemia da covid, puidemos pu- blicar a décimo quinta convocatoria de Proxectos de coñecemento da realidade (PCR ) e a décima con- vocatoria de Proxectos de coñecemento da coo- peración para o desenvolvemento (PCC ), respec- tivamente, as cales facilitan o coñecemento doutras realidades a través de bolsas no ámbito da coopera- ción ao desenvolvemento. Cabe salientar que durante o 2022 emprendemos va- rias accións para conmemorar o 25 aniversario da Oficina . Asinouse un novo Convenio bianual entre a Xunta de Galicia e as Universidades do SUG, para o proxecto de consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Gale- ga de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemen- to 2020-2030 e consecución dos Obxectivos de Des- envolvemento Sustentable. Julio E. Abalde Alonso Reitor da Universidade da Coruña

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==