Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXXIV — memoria 2022 manter estratexias de concienciación e comunicación da promoción da saúde repetíronse e incorporáron- se as campañas REUPS e UDC saudables mensuais: vacinas covid, euromelanoma, cancro ou emocións, entre outras. A Unidade de Atención á Diversidade (ADI) aten- deu as solicitudes de 66 persoas con discapacidade e/ou necesidades específicas de apoio educativo re- lacionadas con axustes sobre o seu currículo educa- tivo universitario. Neste sentido, a Unidade fixo un esforzo por reformar estes axustes ao contexto pos- covid e emitir informes, personalizados para cada unha destas persoas, que se lles fixeron chegar aos centros a través da rede de titores/as de diversidade. Mantívose o sistema de atención ao alumnado por videoconferencia, para chegar a aquelas persoas que por motivos de saúde ou persoais non se podían des- prazar ao campus. A Unidade ten unha importante participación na Rede SAPDU , que engloba todos os servizos similares das universidades españolas. Froito desta participación xorden moitas sinerxías de traba- llo importantes (encontros virtuais, campañas de di- vulgación etcétera.) que teñen como foco principal a nosa universidade. No ano 2022 a ADI-UDC asume a Secretaría da Rede SAPDU. Tamén se asume a coor- dinación do grupo “Comunicación e TIC” dentro da Rede SAPDU de todos os servizos de atención á di- versidade das universidades españolas, pertencente á CRUE-Asuntos Estudantís. A ADI, co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade do 3 de decembro, elaborou a Campaña para a Rede SAPDU e CRUE-Asuntos Estu- dantís, este ano co lema #DeseosSAPDU. Esta Unidade mantén a súa participación no proxec- to da ANECA e a Fundación ONCE: Última fase de creación do documento do “Proxecto para a creación dun marco para a autoavaliación das universidades españolas na mellora das súas actuacións en materia de inclusión de persoas con discapacidade” O Programa Espazo Compartido está a desenvolver a que será a súa V Promoción, do bienio 2021-2023. Esta promoción está formada por 17 estudantes que cursan as materias teóricas e prácticas do título e ademais participan en materias impartidas noutros títulos. Para este bienio deseñáronse dúas activida- des de mobilidade, unha no ámbito nacional e outra no ámbito internacional. No curso 2021-22 levouse acabo a mobilidade nacional cun exitoso intercambio coa Universidade de Granada. n VOLUNTARIADO A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) constrúe cidadanía crítica mediante un amplo pro- grama de accións formativas e de sensibilización. Tra- balla a prol dos dereitos humanos e a xustiza social a través dunha convocatoria de educación para o desenvolvemento e coordinando proxectos pro- pios de voluntariado nos eidos sanitario, persoas sen fogar, diversidade funcional, maiores, penitencia- rías, inmigración, menores e de sensibilización. Ade- mais disto, promociona a metodoloxía de aprendi- zaxe-servizo entre a comunidade universitaria. No ano 2022 presentáronse un total de 31 proxectos á convocatoria de Avaliación de Aprendizaxe e Servizo, de cuxa metodoloxía se beneficiaron preto de 1.000 estudantes, cantidade que se incrementou un 25 % respecto ao ano anterior. A OCV ofertou este ano, a través do seu programa ABRIGA, 6 bolsas para persoas refuxiadas ou en si- tuación de protección internacional, para que poidan estudar na UDC. Nesta liña, tamén favorecemos os encontros virtuais entre alumnado da Universidade Autónoma de Honduras e da UDC para o intercambio de coñecemento e completamos a colaboración con outras universidades europeas e alxerinas no progra- ma CIRES de apoio aos refuxiados nas institucións de educación superior.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==