Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXXIII — Introdución no ámbito universitario e na ciencia en xeral, favore- cer un contexto social en que as mulleres se vexan capaces e recoñecidas para elixir o seu futuro sen condicionamentos e sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de erradicar estereotipos que condicio- nan a elección de estudos das nenas, adolescentes e mulleres novas. Na edición do 2022, 54 estudantes e 3 docentes realizaron visitas a algúns dos centros de investigación da UDC. Neste ano 2022 convocouse a IV edición dos pre- mios ISABEL ZENDAL de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cul- tura científica. Presentáronse 33 solicitudes e conce- déronse 3 premios por categoría e un accésit. Por segunda vez, a UDCC, en colaboración coas ou- tras universidades públicas galegas, celebra o even- to da Noite Europea das Persoas Investigadoras, GNIGHT, este ano co lema “Conciencias creativas”, que se desenvolve de maneira simultánea en preto de 400 cidades de toda Europa. n RESPONSABILIDADE SOCIAL A UDC Saudable deu continuidade no ano 2022 ás acción centradas nas estratexias relacionadas coa ali- mentación e o benestar biopsicosocial na comunida- de universitaria. O programa de atención psicolóxica á comunidade universitaria Afrontemos , que se puxo en marcha en novembro do ano 2020, consolidouse no ano 2022. Trátase dun programa de atención especializada (in- tervención psicoterapéutica executada por especia- listas de psicoloxía sanitaria e clínica) dirixido a quen poida estar pasando por unha situación de crise psi- colóxica. É un servizo gratuíto da UDC a que se pode acceder de xeito presencial ou en liña. Durante os 30 meses que leva funcionando recibíronse 431 solici- tudes de información ou atención, todas elas tiveron unha resposta inmediata (infórmaselles ou faise unha valoración da situación e ofrécelles unha cita inicial ou derivación o Sistema Nacional de Saúde). 230 per- soas decidiron aceptar a cita e iniciar a atención tera- péutica, 70 no 2021, 111 no 2022 e 49 no que levamos do 2023. De todas as persoas usuarias o 47% elixiu modalidade presencial e o 53% modalidade online. Na actualidade non hai lista de espera. O perfil de usuarios/as do programa foi maioritariamente muller (77%), estudante (96%) en últimos cursos de grao ou ben mestrado e doutoramento. Hai un 2% de PDI e un 2% de PAS. A meirande parte das persoas atendidas mostraron un perfil de ansiedade clínica relacionada con situa- cións de crise. No 65% dos casos hai antecedentes de ansiedade e sintomatoloxía depresiva leve nos últimos 6 meses. Nun 42% dos casos plantexáronse problemas familiares e de relacións interpersoais que xa existían nos últimos 2 anos. Soamente un 4,5 % dos casos mostraron unha patoloxía de saúde mental severa e xa fora diagnosticada con antelación. Nestes casos Afrontemos serve de apoio ou de ponte para que as persoas volvan ou re-inicien un tratamento es- pecializado no SERGAS ou similar. Asesorouse a elaboración dos pregos de máquinas de autovenda e cafetarías, ofreceuse un amplo aba- no de conferencias e infografías sobre alimentación saudable e sostible, batch cooking e etiquetaxe de alimentos. Incorporáronse catro convenios con enti- dades externas. A UDC Saudable estabilizou a súa co- laboración coa plataforma One Health , e continuou a colaborar cos programas Green Campus e con Espa- zo Compartido na inclusión en materias de titulacións oficiais do alumnado con discapacidade intelectual. O VIII Outubro UDC Saudable foi co-organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC). Ademais, debido á necesidade de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==