Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XVII — Introdución funcional. Tamén se regulan nel por primeira vez as microcredenciais, seguindo as recomendacións do Consello da UE do 16 de xuño de 2022. Ademais, elaborouse un primeiro borrador completo do Siste- ma Interno de Garantía Calidade para a Unidade de Estudos Propios, de acordo coas instrucións recibi- das da ACSUG, co obxectivo de o poñer en marcha no vindeiro curso académico. Para axilizar a xestión académica, económica e administrativa, e facilitar o seguimento da calidade destes estudos mediante a xeración e o arquivo de evidencias, decidiuse inte- gralos na primeira fase de implantación de SIGMA Academic. Durante este ano, pois, definiuse o es- cenario funcional e planificáronse as accións de for- mación e posta en marcha que se levarán a cabo en 2023, co fin de que no curso 2023-24 todos os estu- dos propios estean integrados neste novo sistema de xestión académica. Canto á área de calidade, continuouse a traballar na nova aplicación informática para a xestión do Siste- mas de Garantía de Calidade (SGC) dos centros, á vez que se comezou coa revisión da adaptación da documentación dos SGC que estes están a realizar. Déuselle apoio aos centros no proceso de renovación da certificación da implantación dos SGC (4 centros) e na elaboración do autoinforme e recompilación de evidencias e indicadores para o desenvolvemento dos procesos de seguimento anual de títulos e de renovación da acreditación, que se envían á ACSUG: 8 autoinformes de seguimento (7 graos e 1 máster) e 4 autoinformes de renovación de acreditación. Así mesmo, proporcionóuselles asesoramento na elabo- ración das accións de mellora e alegacións para dar resposta aos informes provisionais da ACSUG de se- guimento anual e de renovación da acreditación. No ano 2022, tamén se publicou a XI Convocatoria do Programa Docentia, en que se avaliaron 128 docen- tes. Cabe facer unha valoración positiva dos resulta- dos das valoracións finais acadadas, pois un 41,22 % obtivo unha valoración de desempeño excelente (14 profesores/as recibiron un certificado de excelencia); un 54.20 %, de desempeño notable; e un 2.29 %, de desempeño aceptable. Durante este curso, o Centro Universitario de For- mación e Innovación (CUFIE) apostou pola forma- ción permanente do profesorado e do estudantado da UDC a través dos diferentes plans formativos que oferta e que permiten realizar boa parte da forma- ción en formato síncrono virtual. No que se refire á innovación, o CUFIE xunto coa OCV lanzou unha nova convocatoria de proxectos de Aprendizaxe- Servizo que deu como resultado a certificación de 31 proxectos. Isto supón un incremento significati- vo con respecto aos 22 proxectos do curso anterior. Tamén se publicou unha nova normativa de consti- tución e recoñecemento de grupos de innovación docente (GID), que persegue unha avaliación máis obxectiva e baseada en evidencias. Á convocato- ria de 2022 presentáronse 73 GID, cun total de 594 integrantes rexistrados. Ademais, o CUFIE organi- zou en formato híbrido as VI Xornadas de Innova- ción Docente da UDC, en que se presentaron 54 vídeocomunicacións. A meirande parte delas foron recollidas nun novo número da colección dixital “Contextos Universitarios Transformadores”. Nestas xornadas tamén se outorgaron tres premios ás me- llores experiencias docentes, grazas ao patrocinio de tres cátedras da UDC. No curso académico 2022-23, na Universidade Sé- nior matriculáronse 841 persoas: 558 no campus da Coruña e 283 no de Ferrol. Cómpre destacar a súa ampla oferta formativa, que incluíu programas de grao e formación específica para egresados, e acti- vidades complementarias a través de ciclos de con- ferencias, seminarios e obradoiros. Nos programas de Graduado Sénior na Coruña e Ferrol ofertáronse 19 e 18 materias respectivamente; nos de Formación Específica para Graduados/as na Coruña e Ferrol, 9 materias. A diversidade desta oferta permitiulle ao estudantado acceder a un amplo abano de áreas de coñecemento para enriquecer a súa formación

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==