Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XVI — memoria 2022 de entregados pola Xunta ao Sistema Universitario de Galicia. Na terceira convocatoria de Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Gali- cia, obtiveron este selo de calidade os másteres en Produción Xornalística e Audiovisual, Computación de Altas Prestacións (interuniversitario coa Univer- sidade de Santiago de Compostela) e Matemática Industrial (interuniversitario coas universidades de Santiago, Vigo, Politécnica de Madrid e Carlos III). A concesión destes selos de excelencia converte a UDC na universidade do SUG que máis selos ten até o momento, ao estar en posesión de sete dos nove selos outorgados. No que atinxe aos estudos de doutoramento , a UDC conta con 39 programas de doutoramento. No cur- so 2022-23, sumáronse á oferta 3 novos programas, que cobren a necesidade de formar investigadores especialistas en distintos ámbitos: Relacións Labo- rais e Recursos Humanos, Ciencias Sociais e Envelle- cemento, e Matemáticas e Aplicacións. Estes dous últimos tamén son froito do proxecto Universidade sen Fronteiras (UNISF).Tanto a demanda dos progra- mas de doutoramento (en termos de matrícula to- tal) como a súa produtividade (en termos de teses defendidas) mostran a estabilidade destes estudos. Así, a matrícula total e o número de teses defendidas son moi similares desde hai tres cursos académicos, cunha matrícula arredor dos 1.200 estudantes (1.195 no curso 2022-23) e máis dun centenar de teses de- fendidas cada ano (133 en 2021-22). Isto parece es- pecialmente salientable se temos en conta a situa- ción de excepcionalidade que estivemos a padecer desde marzo de 2020. Mesmo o grao de internacio- nalización dos estudos de doutoramento seguiu a ser importante, pois un 32 % das teses recibiron a mención internacional . A esta internacionalización contribuíu en gran medida o programa inMOTION —o programa INDITEX-UDC de axudas á mobilida- de dos estudantes de doutoramento que distingue a UDC de moitas outras universidades— que en 2022 beneficiou a 32 estudantes. Canto á evolución da matrícula nas diferentes titu- lacións da UDC, mantívose en cifras similares ás do último curso. O número de estudantes de másteres experimentou un lixeiro descenso, ao pasar de 2.347 no 2021-22 a 2 303 no 2022-23. Non obstante, cóm- pre lembrar a tendencia de crecemento ininterrompi- da dos últimos anos, que levou a un incremento da matrícula nestes estudos superior ao 50 %, respecto ao número de matriculados no curso 2014-15. Estamos, pois, nunha fase de consolidación da es- trutura completa das titulacións. O desenvolvemento pleno desta nova estrutura fai necesaria a avaliación continua do impacto das novas actividades. Como consecuencia desta avaliación realizáronse distintas reformas das normativas académicas para as adap- tar ás necesidades organizativas e de recursos dos centros, e aos distintos cambios normativos da lexis- lación estatal e autonómica. A propósito destes úl- timos, cabe salientar o esforzo que está a supor a adaptación ao Real decreto 822/2021, do 28 de set- embro, polo que se establece a organización das en- sinanzas universitarias e do procedemento de asegu- ramento da súa calidade. Así mesmo, estase a poñer en marcha un novo software de xestión académi- ca, SIGMA Academic. No curso 2021-22, traballouse no preproxecto de implantación. Todas estas novas adaptacións foron e serán posibles pola colaboración e polo traballo dos distintos servizos, dos equipos directivos das diferentes facultades e escolas impli- cadas, da Escola Internacional de Doutoramento, así como da comunidade universitaria no seu conxunto. Nos títulos propios producíronse cambios relevan- tes como consecuencia da súa adaptación aos princi- pios reitores establecidos no RD 822/2021 no marco da formación permanente. Elaborouse un novo regu- lamento, que recolle a división entre estudos de pos- grao (máster de formación permanente, diploma de especialización e diploma de experto) e estudos que non requiren titulación universitaria previa, incluíndo a formación específica para persoas con diversidade
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==