Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XV — Introdución titulacións relacionadas, senón que tamén terá o seu reflexo na investigación en todos os temas ligados á Intelixencia Artificial, e así mesmo, estará vinculada coa Cidade das TIC, en que se poderá testar a inno- vación derivada. O proxecto da Cidade das TIC , neste ano 2022, pa- sou a ser unha realidade co inicio das obras do Galaxy Lab, o laboratorio de drons do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e do Centro de Servizos Avanzados (CSA), que inauguraremos neste 2023. A volta á normalidade, tal e como se detalla nas dis- tintas áreas recollidas neste informe, encheu os cam- pus de actividades e iniciativas nos máis variados formatos, como os proxectos expositivos do noso Es- pazo de Intervención Cultural NORMAL. A mostra “A Galicia deseñada” marcou un récord de asistencia e repercusión ao ser a primeira exposición da historia do deseño galego. Tamén celebramos coa solemnidade que merecen a incorporación ao cadro honorífico da UDC de dous novos Doutores Honoris Causa , a profesora Ingrid van Keilegom e o profesor Juan Ignacio Cirac, pro- postos polo Departamento de Matemáticas e de Química respectivamente. Antes de comentar área por área os resultados da xestión de 2022 que se inclúen nesta memoria anual, quero salientar aquí que, no ámbito da responsabili- dade social, a UDC veu recoñecida a súa aposta po- los valores da inclusión educativa ao ser galardoado o titulo propio Programa Espazo Compartido co VIII Premio Fundación Diversidade, na modalidade de institución pública. Felicito, ademais, o noso pro- fesorado que este ano pasado viu recoñecido o seu labor investigador con premios e distincións nacio- nais e internacionais ou coa incorporación en distin- tas academias. O mérito é sen dúbida persoal pero o recoñecemento exerce a súa influencia en toda a Universidade da Coruña. n OFERTA ACADÉMICA Na actualidade, a Universidade da Coruña conta cun- ha oferta docente consolidada, renovada e prepara- da para dar resposta con garantía ás necesidades e requirimentos presentes e futuros, e para ter un papel decisivo na acción educativa e cultural que demande a sociedade. Un bo exemplo son as novas titulacións de grao, implantadas a partir do curso académico 2018-19, que destacan por ser pioneiras no SUG, po- las competencias que lle outorgan ao estudantado, pola súa avanzada xestión académico-administrativa, polas metodoloxías empregadas e pola súa vincu- lación aos campus de especialización da UDC. Por todo iso, e polas súas características diferenciadas, moitas das titulacións da UDC están a se converter nun referente educativo, tanto dentro do sistema uni- versitario galego como a nivel estatal. No curso 2022-23, ofertáronse 43 graos nas dife- rentes ramas de coñecemento, 7 programas de simultaneidade e 2 graos abertos. Algunhas das titulacións que conforman o catálogo de graos da UDC son únicas no Sistema Universitario Galego. Cómpre destacar a incorporación de dous novos graos interuniversitarios: Intelixencia Artificial e Re- lacións Internacionais. Polo que se refire aos más- teres universitarios, a UDC dispón neste momento dunha oferta estable e equilibrada entre as distintas ramas de coñecemento. Neste curso comezaron a súa impartición os másteres en Intelixencia Artificial, en Métodos Avanzados de Investigación e Innova- ción na Análise Social e en Desafíos das Cidades. Este último é unha aposta de formación conxunta entre as universidades de Galicia e do Norte de Por- tugal, que se enmarca no proxecto Universidade sen Fronteiras (UNISF), financiado polo Programa Trans- fronteirizo INTERREG V-A España-Portugal (POC- TEP). Ofertáronse, pois, un total de 58 másteres. Así mesmo, é importante salientar que a calidade dos másteres da UDC se viu afianzada novamente pola concesión dos tres recoñecementos de calida-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==