Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XIV — memoria 2022 Universidade da Coruña no seu contorno de influen- cia, no marco do SUG e do SUE e no contexto inter- nacional. Contamos cun novo Plan galego de financiamento para o SUG 2022-2026 , asinado en febreiro, que me- llora na súa parte estrutural respecto dos anteriores. Traballamos arreo para ver recoñecida esta demanda neste novo marco que resulta, por outra banda, máis esixente que outros, ao penalizar economicamente o incumprimento dalgúns criterios. A pesar da importante pegada da recente pandemia, e o adverso contexto económico marcado pola in- flación e as obrigas derivadas da crise enerxética, a nosa universidade desenvolveu as súas funcións de docencia, investigación e transferencia con respon- sabilidade e normalidade. Un exercicio máis, a Universidade da Coruña presen- tou unhas contas saneadas , cun orzamento incre- mentado este ano nun 7,98 %. Mantivemos o noso compromiso coa igualdade de oportunidades para o alumnado, ao apostar por accións xa consolidadas na UDC no que atinxe a bolsas, premios, programas, residencias etc., cunha dotación total de 2,5 millóns de euros. Incrementamos as nosas relacións cos prin- cipais sectores produtivos do país e intensificamos as sinerxías institucionais sumando convenios de co- laboración en moi diferentes materias. Cabe desta- car o convenio de mecenado asinado co conselleiro delegado de Inditex, alumni da UDC, Óscar García Maceiras, por un importe de 1,5 millóns de euros para atraer persoal investigador excelente co progra- ma propio InTalent e tamén a creación do Centro Mixto de Investigación (CEMI) UDC-Navantia “O estaleiro do futuro” . No que respecta á captación de talento, o ano 2022 marcou un fito coa incorporación de seis novos in- vestigadores e investigadoras Ramón y Cajal, que le- vou a que houbese activos 16 investigadores grazas a este programa. Sen dúbida, neste éxito algo tería que ver o selo “HR Excellence in Research” de Hu- man Resources Strategy for Researchers, HRS4R, que acredita as boas prácticas realizadas na contratación de persoal investigador, que a UDC conseguiu reno- var este ano pasado. Tamén é un logro considerable para esta universida- de a constitución do consorcio estratéxico interna- cional universitario EMERGE (European Margins En- gaging for Regional and Global Empowerment), que nos sitúa nun nivel superior de calidade europea. Esta alianza de universidades europeas está forma- da por Université de Rennes2 (Francia), Université de Bretagne Sud (Francia), University of Limerick (Irlan- da), Democritus University of Thrace (Grecia), Euro- pa-Universität Flensburg (Alemaña), Innland Norway University of Applied Sciences (Noruega), Univerzita Mateja Bela (Eslovaquia), Neapolis University Pafos (Chipre) e a Universidade da Coruña. O ano 2022 está marcado tamén por un fito, exter- no á Universidade da Coruña en certa maneira, pero que vai ter un impacto máis que significativo no noso futuro como institución. A principios de decembro, o Consello de Ministros elixía a cidade da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) . O Goberno salientou o “importante ecosistema universitario da Coruña, tanto na formación como na investigación relacio- nado coa Intelixencia Artificial, así como o excelente ecosistema empresarial con ata dous hub de innova- ción dixital que xeran un 10 % do emprego galego”. Como se sabe, a candidatura da AESIA superou un proceso galego de selección en que a UDC foi de- terminante ao promover e defender a sede coruñesa. A AESIA será a primeira sede reguladora do uso da Intelixencia Artificial de Europa e iso implica que a ci- dade, e por extensión a súa universidade, se conver- tan en referentes internacionais neste tema. A vincu- lación da AESIA coa UDC non é só pola formación en
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==