Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XIII — Introdución O ano 2022 permitiunos, á fin, recuperar a desexada normalidade da vida universitaria, e mesmo come- zou ofrecéndonos a oportunidade de celebrarmos a concesión da honra “Ferrolán do ano” do Concello de Ferrol ao Campus Industrial da UDC . Este reco- ñecemento é unha confirmación a un labor de varios anos pola revitalización dun campus que agora mes- mo se está a converter nun referente. Durante moito tempo realizamos un traballo de modernización de títulos, de implantación doutros novos e de dinami- zación do campus que veu cambiar a súa fisionomía. Foi un fito para o campus a creación da Escola Po- litécnica de Enxeñaría de Ferrol que acolle toda a docencia impartida nas antigas Escola Universitaria Politécnica e na Escola Politécnica Superior. Estamos convencidos, á vista dos resultados, de que a EPEF está chamada a se converter no centro de referencia de enxeñaría de Galicia e que se verá potenciado co futuro Edificio de Investigación e Innovación na In- dustria (EI3) iniciado no pasado ano cun acordo coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profe- sional e Universidades, polo que a Xunta de Galicia financia con preto dun millón de euros a elaboración do proxecto do edificio. Malia as expectativas da saída da pandemia, os seus efectos aínda se deixaron sentir e obrigáronnos a can- celar por segundo ano consecutivo a celebración do Día da Universidade. Esta festividade é unha home- naxe ao alumnado e foi un pesar non poder celebrar co noso estudantado e coas súas familias este recoñe- cemento ao seu esforzo nunhas condicións inéditas. Sen dúbida, a recuperación da normalidade en todos os ámbitos das nosas vidas animaba o comezo de ano, cando o mundo se viu sacudido polo inicio da invasión rusa a Ucraína , en febreiro de 2022. Como o resto da sociedade, quedamos profundamente afec- tados e inmediatamente nos puxemos en disposición de axudar e paliar, na medida das nosas posibilida- des, os tráxicos efectos desta guerra. Así prepara- mos un plan de axudas para que o alumnado uni- versitario procedente de Ucraína puidese continuar os seus estudos na nosa universidade. Tamén outros centros e colectivos da UDC achegaron o seu gran de area para lles axudar, cada un desde a súa área, aos afectados por esta guerra. Para alén do drama humanitario, os efectos do con- flito no plano político e no ámbito socioeconómico pronto evidenciaron a súa enorme carga desestabi- lizadora e tensionaron de diversas maneiras as re- lacións internacionais, ademais de condicionar con novas restricións económicas a vida das persoas e, ta- mén, na súa correspondente escala, a nosa vida aca- démica. Ao se prolongar o conflito agudizáronse os seus múltiples efectos, vímonos na obriga de afrontar con medidas extraordinarias a carestía dos prezos, fundamentalmente no que atinxe á subministración de enerxía e, nalgúns casos, de distintos materiais. Sufrimos a ralentización dalgúns proxectos e procu- ramos manter o rumbo na procura dos nosos obxec- tivos como institución, desde a prudencia e a respon- sabilidade, co pulo que nos caracteriza. Ao longo do ano 2022 estivemos traballando no deseño do Plan estratéxico 2022-2026 para o que contamos coa participación de máis de 120 persoas da comunidade universitaria na elaboración colexia- da deste documento, que foi aprobado polo Claus- tro universitario a comezos de novembro. Será unha folla de ruta moi estimable para posicionar mellor a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==