MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XIV — memoria 2018 Noutra orde de cousas, quero salientar a especial satisfacción persoal que me produciu a inaugura- ción da residencia universitaria pública Elvira Bao . Coa posta en funcionamento da primeira fase, a Uni- versidade da Coruña cobre, por fin, unha demanda histórica. A residencia universitaria da Coruña, que vén su- marse á xa aberta en Ferrol, foi posible grazas a un acordo asinado coa Deputación e co Concello da Coruña para a cesión dunha parte do edificio Calvo Sotelo. A institución provincial sufragou as obras de acondicionamento da súa ala leste do edificio, cunha achega de tres millóns de euros. As instalacións, completamente renovadas, actuali- zadas e independentes do resto das dependencias do edificio, dispoñen xa de 46 prazas en cuartos dobres , que serán 118 cando se complete a segun- da fase. Resérvanse dous cuartos para estudantes con necesidades especiais. Os usuarios teñen ac- ceso tamén, se o desexan, ao comedor do centro Calvo Sotelo. Neste punto quixera subliñar a importancia de que a Universidade manteña unha liña de colaboración institucional para cumprir os seus obxectivos máis básicos. Desde logo, a residencia non sería posible sen esa colaboración. Téñase en conta que o orzamento para infraes- truturas segue paralizado. O fondo que a Xunta concede para edificios e instalacións non foi máis alá dun millón de euros en 2018, pois a adminis- tración autonómica segue a aplicar unha política de contención do gasto asociado a infraestruturas arquitectónicas. É obvio que esta cantidade resul- ta insuficiente para enfrontar reparacións, reformas, rehabilitacións e tarefas de conservación. Outro feito relevante de 2018 foi a ampliación da nosa oferta académica con dous novos graos e cin- co mestrados oficiais, de xeito que o catálogo inclúe agora 39 graos e 56 mestrados . Puxemos en marcha o grao en Xestión Industrial da Moda e o grao en Paisaxe , vinculados, respec- tivamente, ao Campus Industrial e ao Campus Sus- tentabilidade. O grao en Xestión Industrial da Moda fortalece a oferta do campus ferrolán e a estratexia que se está a desenvolver a través da Vicerreitoría de Ferrol e que, neste caso, se potencia incorpo- rando un título cun innovador e ambicioso plan for- mativo, novidoso no sistema universitario español. Desde setembro o catálogo do Campus de Ferrol está composto por trece graos e nove mestrados, así como seis programas de doutoramento e un pro- grama propio. O grao en Paisaxe, coordinado pola UDC, é a pri- meira titulación de grao interuniversitaria do siste- ma universitario galego. Impártese conxuntamente coa Universidade de Santiago. Sen dúbida ningun- ha, a posta en marcha desta titulación compartida abre un camiño de futuro, tan inédito como prome- tedor para a formación universitaria en Galicia. Deste xeito, a colaboración entre as tres universida- des, que xa leva uns anos acumulando experiencia no ámbito dos mestrados e dos programas de dou- toramento, amplíase agora e chega ás titulacións de grao. Un significativo paso adiante para establecer sinerxías, aproveitar recursos e reforzar a calidade e a coherencia do sistema universitario galego . Polo que se refire aos mestrados universitarios , dispoñemos neste momento dunha oferta estable e equilibrada entre as distintas ramas de coñece- mento. A oferta de nova matrícula para este cur- so increméntase un 12% sobre a do ano pasado. Implantáronse no campus de Ferrol os mestrados en Enxeñaría en Deseño Industrial e o de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxo- gos, vinculados ambos ao Campus de Especializa-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==