MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XIII — Introdución Cumprindo o mandato estatutario, que establece que o reitor debe render contas ante o Claustro cunha memoria anual de xestión , presento nas pá- xinas que seguen a correspondente ao ano 2018 . Como en ocasións anteriores, xunto cos cadros que reflicten a actividade da comunidade universitaria, incluímos un texto introdutorio, analítico e explica- tivo que pretende facilitar a contextualización dos datos aquí recollidos. Coido, tamén, que o constan- te contacto e as reunións habituais cos centros, cos departamentos e, en xeral, coa comunidade univer- sitaria, axiliza a imprescindible comunicación dos avatares da xestión do meu equipo de goberno. Debo comezar por salientar a transcendencia do proceso de reconfiguración dos nosos campus pola vía da especialización, co apoio das administracións públicas. O obxectivo dos campus de especializa- ción é posicionar a UDC como unha universidade de referencia e excelente no seu ámbito, orientando nesa dirección a súa estratexia docente, investiga- dora e de transferencia de resultados da investiga- ción á sociedade. Ao se especializaren os campus refórzase o seu atractivo para o estudantado nacional e internacio- nal e facilítase o traballo de colaboración científica interdisciplinaria, así como a conexión co contorno socioprodutivo. Trátase dun poderoso instrumento para nos fortalecer. Unha oportunidade para conse- guir, con máis solidez, os nosos obxectivos de inter- nacionalización e de potenciación da transferencia de coñecemento establecidos no plan estratéxico. Se en 2016 demos o primeiro paso co Campus In- dustrial de Ferrol , en 2018 fixémolo no da Coruña. En xuño presentamos ante a comunidade universita- ria e ante a sociedade o Campus Sustentabilidade . Disciplinas das áreas de Enxeñaría Civil e Arquitec- tura, de Ciencias, de Ciencias Sociais e Xurídicas, de Ciencias da Educación e do Deporte e de Ciencias da Saúde implícanse nesta reconfiguración. Máis de 30 grupos de investigación interactuando baixo cri- terios de interdisciplinariedade. O Campus Sustentabilidade estrutúrase en catro áreas de especialización : Cidade e territorio, Eco- nomía circular e sustentable, Sustentabilidade social e educación ambiental e Vida saudable. Uns meses despois, a mediados de novembro, pre- sentamos a última das tres especializacións: o Cam- pus Innova , tamén na Coruña. Neste caso con pre- senza do presidente da Xunta, administración que impulsa este cambio de modelo. A través do Campus Innova, a UDC quere ser axente activo dun ecosistema innovador, baseado no talento e no coñecemento, no mundo tecnolóxico e dixital. Un ecosistema onde Universidade, centros de inves- tigación especializados e empresas xeren sinerxías e convertan A Coruña e a súa área metropolitana nun polo de innovación dixital e tecnolóxico con visión internacional. Unha auténtica cidade da tecnoloxía dixital onde a revolución dixital non sexa unha amea- za, senón un elemento de cohesión da sociedade. O Campus Sustentabilidade e o Campus Innova permitirán un salto cualitativo na docencia, a inves- tigación e a transferencia que implican substanciais modificacións no noso modelo organizativo, pero imprescindibles en aras da eficacia e da solvencia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==