MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 6 — memoria 2017 Colaboración institucional e sinerxías son, igualmen- te, conceptos fundacionais para o Centro de Inves- tigacións Científicas Avanzadas, o cuarto dos nosos centros tecnolóxicos. O CICA, que acolle grupos de investigación en ciencias químicas, biolóxicas e am- bientais, forma unha sólida agrupación estratéxica co INIBIC . Nesta Memoria de 2017 constatamos, entre outras moitas cousas, os novos pasos dados no proceso de internacionalización da Universidade da Coruña, así como na procura dunha docencia de excelencia, cada día máis esixente, apoiada na innovación, nos siste- mas de garantía interna de calidade e na actualiza- ción permanente. As visitas seguidas aos centros e as reunións con PDI e PAS de todos os centros da Coruña e de Ferrol pre- tenden manter abertas canles de comunicación para facilitar a colaboración de toda a comunidade univer- sitaria na toma de decisións e dar cumprimento ao noso compromiso de participación e transparencia. Nesa dirección van tamén dúas iniciativas importan- tes. Por unha parte, a posta en marcha do portal de participación da UDC, UDCDecide , unha nova ferra- menta, en probas desde outubro. Consideramos esta plataforma de participación como un primer paso, que garante un espazo de comunicación directo entre os estudantes e o equipo reitoral e equipos decanais. A segunda das iniciativas foi aposta en marcha, des- de o comezo do curso 2017-2018 da nova aplicación UDC-móbil para dispositivos Apple e Android, crea- da polo Servizo de Informática e Comunicacións. Outras decisións de grande importancia para o fu- turo da UDC, substanciaranse en 2018 e 2019. Este é o caso da reconfiguración do campus da Coruña arredor dos Campus Innova , centrado na innovación dixital, tecnolóxica e humanística, e do Campus da Sustentabilidade , orientado ao territorio, a paisaxe, o medio ambiente, a sustentabilidade social e econó- mica, a vida saudable e o deporte. Esta reordenación presentouse en público no Paraninfo da Reitoría en marzo de 2017. Investigacion e transferencia Tanto a investigacion como a transferencia son apostas estratexicas desta universidade, que se coordinan den- de a Vicerreitoria de Politica Cientifica, Investigacion e Transferencia. A política científica céntrase en promo- ver a excelencia cientifica e a especializacion investi- gadora como eixes basicos que, canda a transferen- cia, posibiliten a mellora e o posicionamente da UDC en campos de alto valor estratéxico. Captacion competitiva de recursos A captacion de recursos externos para a investigacion durante 2017 ascendeu a preto dos 8 millons de eu- ros , baixando do conseguido no ano anterior, pero duplicando o conseguido no ano 2015. O motivo desta tendencia escalonada na consecución de fon- dos está determinado pola resolución de proxectos estatais que se veñen convocando de forma bianual. É de esperar que a suba se note na resolución de proxectos competitivos do 2018, que se solicitaron durante 2017, xa que nalgún caso, como o das con- vocatorias europeas ás que acoden investigadores e grupos da UDC, se triplicaron as solicitudes. No tocante a outras axudas de investigacion, hai que salientar que a Secretaria Xeral de Universidades convocou e resolveu axudas para grupos de refe- rencia competitiva, grupos de potencial crecemento e redes. Concederonse 8 grupos de potencial cre- cemento, 7 novos grupos de referencia competitiva e 3 redes e unha de excelencia, o que supon unha captacion especifica de 3,6 millóns de euros, supe- rior a obtida na última convocatoria do ano 2016, que fora de 2,59 millons. Hai que engadir que o Centro de Investigacion en Tecnoloxias da Informacion e

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==