MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 5 — Introdución O clima de estabilidade e de normalidade en que transcorreu o ano 2017 permitiulle ao equipo de go- berno que me honro en presidir dar pasos importan- tes no desenvolvemento do vixente Plan estratéxico da UDC. Como resumo máis adiante, a mellora do escenario económico e o cambio de tendencia dos nosos orza- mentos permítennos ir recuperando pouco a pouco o terreo perdido nos peores anos da crise. Cumprindo con un dos nosos compromisos pendentes, en abril púxose en marcha a nova estrutura departamental, “adelgazada” e reducida aos 26 novos departa- mentos (antes había 43), en aplicación dun Plan de racionalización de infraestruturas da UDC. Obxectivo: eficiencia e axilidade. O ano pechouse xa cos novos directores e directoras en exercicio, o mesmo que os decanos/as e directores/as de facultades e escolas onde se renovaron os equipos de goberno. A nosa universidade ten xa unha oferta consolidada de 37 graos e 51 mestrados, moitos deles de carácter interuniversitario. Xunta e universidades galegas pac- tamos en 2017 un novo mapa de titulacións, vixente en principio ata 2021. Ata entón os nosos campus da Coruña incorporarán cinco novos graos, os primeiros dos cales serán o grao en Paisaxe , primeiro de ca- rácter interuniversitario galego, e o grao en Xestión Industrial da Moda , pioneiro no sistema universitario español. Ambos reforzarán a oferta do vindeiro curso. Unha colaboración institucional responsable e eficien- te está detrás tamén da execución das obras da resi- dencia universitaria Elvira Bao , en marcha desde xa- neiro. Por fin a Universidade da Coruña contará cunha residencia pública (120 prazas) para o seu alumnado. Unha vella reivindicación da nosa comunidade uni- versitaria que axiña veremos feita realidade grazas ao apoio da Deputación da Coruña e do Concello da Co- ruña. Tamén ambas institucións colaboran connosco para cubrir a escaseza de fondos destinados a infraes- truturas e enfrontar obras só de mantemento, como as da pista de atletismo do complexo deportivo de Elviña, a piques de rematar. Traballamos co criterio de estender canto máis sexa posible as relacións docentes, científicas e técnicas coa nosa área socioeconómica. De feito, en 2017 asinamos 738 convenios. Máis de medio millar foron para procurarlles prácticas aos nosos alumnos e alum- nas, outros 140 foron de carácter específico e en 44 casos tratábase de convenios marco. A Unidade Mixta de Investigación que a UDC ten con Navantia en Ferrol é unha boa mostra dos bos re- sultados que se poden tirar seguindo liñas de colabo- ración con institucións tanto públicas como privadas. Pola vía das cátedras institucionais (tres novas) man- temos aberta tamén a colaboración que nos achegan ás necesidades do noso contorno, facilitan as prácti- cas e a inserción laboral dos nosos egresados e asen- tan fórmulas de cooperación no terreo da I+D+I. Esa mesma liña de colaboración con empresas e insti- tucións, que mantemos activa con contactos e visitas seguidas, permítenos contar con bolsas tan importan- tes para a formación do noso alumnado como as do programa Intalent (patrocinado por Inditex), as finan- ciadas polo Banco Santander ou as da ONCE para axudar o estudantado con discapacidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==