MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

memoria 2017 — 162 — Oficina de Medio Ambiente • Divulgación ambiental. A divulgación a través das redes sociais por parte do persoal bolseiro aumen- tou entre un 10 e un 45% no curso 2016-2017 en relación ao curso anterior. Así mesmo, cunha media de arredor de 20 persoas por obradoiro, un total de 350 persoas participaron nos 16 obradoiros rea- lizados, ás que se suman outras 128 persoas que participaron nas actividades de custodia do territo- rio no Monte da Fraga no outono. • Préstamo de bicicletas. Renovouse un ano máis o préstamo de bicicletas (127 solicitudes en 2017), con 95 unidades prestadas. • Compostaxe e residuos: implantada en todos os centros da Zapateira, un de Oza e dous de Elviña. O programa de compostaxe dos residuos orgáni- cos continuou nos cinco centros nos que xa estaba implantado (Facultade de Filoloxía, a Escola Uni- versitaria de Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias, Facultade de Ciencias da Educación e Fa- cultade de Ciencias da Saúde no campus de Oza. A finais de 2016 retomouse a compostaxe dos resi- duos orgánicos do comedora da ETS de Arquitec- tura, que continuou durante todo o ano. En marzo creouse a área nova en Elviña, para os centros de Camiños e Informática. • Programa Green Campus. Na actualidade, a UDC conta con cinco centros con Bandeira Verde, e o programa iniciado noutros catro centros máis do Campus da Coruña e todo o Campus de Ferrol. Cómpre destacar como contribución específica da OMA aos programas Greencampus, a realización das auditorías da auga nestes centros e a coloca- ción de mecanismos aforradores de auga. • Ranking internacional GreenMetric 2017. O Gre- enMetric Ranking of World Universities compara os esforzos das universidades cara a sustentabi- lidade ambiental contou cunha participación de 619 universidades de 76 países na edición de 2017. A Universidade da Coruña presentouse por segun- da vez e acadou a posición 86 a nivel mundial (per- centil 86), e o número 4 a nivel estatal, dun total de 28 universidades españolas avaliadas, sendo a primeira do Sistema Universitario Galego. • Convenios con entidades externas á UDC. Conve- nio específico de colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña para a execu- ción do proxecto de custodia e voluntariado am- biental no monte da Fraga. Solicitude do proxecto “Educación para a conciencia ambiental” á Funda- ción Alcoa, concedido en outubro de 2017, a des- envolver ao longo do curso 2017-2018.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==