02
Institucional
—29—
Algunhas das actividades doGabinetedeComunica-
ción, quemantivounnivel deactividade similar aodo
ano anterior malia a menor disposición de recursos,
son as seguintes:
Elaboracióndo resumodeprensadiarioconnovas
•
relacionadas coa universidade, coa I+D e coaUni-
versidadedaCoruña como ítems de referencia. O
resumo de prensa ponse en aberto á disposición
de todos os usuarios da páxina web da Universi-
dade daCoruña. Rexistráronse 2.937 impactos en
prensa.
A revista Universidade&Sociedade (U+S) editou
•
dous novos números en 2013, cunha tiraxe de
2.300 exemplares cada un deles. Distribuíronse
entre empresas e institucións deGalicia, así como
nos centros de ensino secundario. A distribución
dentro da comunidade universitaria faise a través
do correo electrónico, da páxina web e das redes
sociais.
Redacciónde398notasdeprensa, enviadasame-
•
dios de comunicación xeralistas de Galicia e, nal-
gúns casos de relevancia, do restodeEspaña.
Produción de 14 programas de radio en directo
•
desde distintos centros da Universidade da Co-
ruña, en colaboración con Radio Coruña-Cadena
SER e con Radio Voz, para difundir as actividades
que se realizan nas facultades e escolas. Neste
ano, consolidouse a emisión de programas en di-
rectodesdeo campusdeFerrol coa realizaciónde
dous programas. Tamén se fixo un especial desde
aAulaNáutica conmotivodaGaladoDeporte.
Organización de conferencias de prensa e com-
•
parecencias ante os medios de comunicación, así
como de visitas guiadas ocasionais. Destaca a vi-
sita conmedios de comunicaciónque realizarono
reitor e a vicerreitora de Campus de Ferrol e Res-
ponsabilidade Social á nova residencia universita-
riade Ferrol xunto co alcalde.
En facebook o número de seguidores sitúase en
•
8.809, é dicir, 3.119 novos seguidores máis que
no período anterior. O alcance dos post que se
suben a facebook é de 5.072 persoas diarias. En
twitter a presenza da Universidade da Coruña a
través do seuperfil institucional conta con 14.096
seguidores, 4.725 máis que o ano anterior. Nese
tempo subíronse1.821 tuits e chegouseaun total
a 5.080.
Editouse unha tarxeta depublicidadedaUniversi-
•
dade da Coruña conmotivo das probas de acce-
so á universidade nos campus daCoruña e Ferrol.
Distribuíronse 5.000 exemplares da tarxeta