— 77 —
05
Calidade e novas tecnoloxías
Para consolidar a política de calidade, posta en marcha
de forma xeral na UDC, resulta imprescindible dispo-
ñer dunha rede de axentes implicados (PDI, PAS e es-
tudantes), no desempeño das funcións de seguemento
e mellora. Nesta liña, creouse a figura do responsable
de calidade, como membro dos equipos de goberno
dos centros, ao tempo que se reforzaron as funcións e
o persoal das unidades administrativas e se integrou
a xestión dos mestrados nas administracións dos cen-
tros. A implicación do profesorado reflíctese no impor-
tante incremento da participación nas actividades de
formación e innovación docentes, na utilización das
ferramentas de apoio a docencias ou no número de
guías docentes elaboradas na plataforma GADU.
Todos os centros dispoñen desde este ano dun siste-
ma de garantía interna de calidade (SGIC) certificado
e implantado. Somos unha das universidades espa-
ñolas con máis certificacións. Por medio destes SGIC,
en 2012 todos os títulos de grao e mestrado elabora-
ron o informe anual de seguimento, correspondente
ao curso académico 2011/2012.
Así mesmo, púxose en marcha a terceira convocatoria
do programa Docentia para avaliar e garantir a cali-
dade da docencia. Nesta ocasión, e de xeito expe-
rimental, incorporáronse estudantes aos comités de
avaliación e membros dos órganos de representación
do PDI na comisión interna do programa.
Canto ás actividades do Centro Universitario de For-
mación e Innovación Educativa, cómpre salientar a
ampla participación nos obradoiros Campus Virtual
Moodle e a realización, en colaboración coa Vicerrei-
toría de Relacións Internacionais e Cooperación, de
cursos para proporcionar ferramentas lingüísticas e
técnicas docentes para impartir contidos curriculares
en inglés.
Polo que respecta ás novas tecnoloxías, o Servizo de
Informática e Comunicacións (SIC) consolidou a pos-
ta en marcha do xestor de identidade corporativa,
que simplifica o acceso e autenticación do persoal.
Tamén implantou o portal económico –que permite
seguir, en tempo real e en liña, a execución econó-
mica dos proxectos e partidas de investigación da
UDC– e a xestión informática do Rexistro Xeral e os
Rexistros de centros e departamentos. Outras ac-
tuacións importantes foron o cambio da imaxen e
organización da web corporativa, desenvolvida coa
plataforma de sóftware libre OpenCms, e a incorpo-
ración dun novo módulo de xestión do doutoramen-
to adaptado á nova organización destes estudos.
Neste apartado cómpre subliñar o impulso que du-
rante o ano se lle deu á implantación da administra-
ción electrónica na UDC, para o que se puxeron as
bases normativas, recursos e formación precisas para
o seu futuro desenvolvemento. A través da Secretaria
Xeral e do Rexistro Xeral, impulsouse o Regulamento
da sede electrónica e de rexistro electrónico da UDC.
Asinouse un convenio coa CRUE e coa FNMT que lle
permite á Universidade converterse en oficina emisora
de certificados de Administración pública e persoais.
Tamén se desenvolveu a plataforma de sinaturas de
actas académicas cun programa piloto, que permitiu
que o 20% das actas foran asinadas dixitalmente.
Por último, cómpre salientar a continuidade do
proxecto da Oficina de Sóftware Libre da UDC a tra-
vés de Consorcio Interuniversitario de Xestión Univer-
sitaria de Galicia (CIXUG).