— 25 —
02
Institucional
Actividade institucional do reitor
No exercicio das súas responsabilidades estatuta-
rias, o reitor preside ao longo do ano as reunións do
Consello de Dirección, do Consello de Goberno e do
Claustro e participa noutros órganos decisorios como
o Consello Social, os consellos reitores do Campus do
Mar, do INIBIC e da Axencia para a Calidade do Siste-
ma Universitario Galego (ACSUG), da Fundación Em-
presa-Universidade de Galicia (FEUGA) e do CEIDA.
En representación da UDC, o reitor asistiu ás reunións
ordinarias ou extraordinarias convocadas tanto polo
Consello Galego de Universidades como polo Con-
sejo de Universidades (órgano de cooperación acadé-
mica Goberno-reitores) e pola Conferencia de Reito-
res das Universidades Españolas (CRUE). Igualmente,
participou en xuntanzas da Comisión para a Coordi-
nación da Docencia Clínica en Galicia e en distintos
encontros cos reitores das universidades de Santiago
e de Vigo para coordinar actuacións de interese ou in-
cidencia directa no sistema universitario galego. Esta
relación amplíase, a través de organizacións comúns,
con outros reitores españois de comunidades autóno-
mas veciñas e cos reitores do Norte de Portugal.
Así mesmo, o máximo representante da UDC asistiu
ás reunións dos padroados das fundacións ou institu-
cións de que forma parte a institución: Parque Tecno-
lóxico de Galicia, Consello da Cultura, Luís Seoane,
Fundación Cetal, Energylab, Universia, López Abente,
Río do Pozo e outras.
Outro capítulo moi importante na actividade do reitor
inclúe as xestións diante da presidencia e de varios
departamentos da Xunta de Galicia –nomeadamente
consellerías de Educación, de Facenda, de Industria,
de Medio Ambiente e de Traballo e Benestar Social–
e da Deputación da Coruña e os concellos da Coruña,
Ferrol e Oleiros, os tres en que a UDC ten centros.
Sucede o mesmo coa Delegación do Goberno en Ga-
licia e con outras escalas da Administración ou con
entes de carácter público. Este é o caso das autorida-
des portuarias da Coruña e de Ferrol.
O reitor presidiu en 2012 algunhas actividades que,
como as entregas de diplomas fin de carreira nos
centros, a recepción aos estudantes Erasmus ou a
apertura de curso na Universidade Sénior ou a Gala
do Deporte da UDC, por poñer só algúns exemplos,
se repiten ciclicamente cada ano. Outras revisten un
carácter máis excepcional, como foi o nomeamento
simultáneo de dous novos doutores “honoris causa”,
o xornalista e escritor Manuel Rivas e o profesor John
Rutherford, e a entrega da medalla de ouro da Univer-
sidade da Coruña ao profesor José María Barja, reitor
da UDC entre 2004 e 2011.
A presenza do reitor é habitual naqueles actos de re-
levancia científica ou cultural a que o convidan institu-
cións e entidades públicas ou privadas, particularmen-
te nas áreas metropolitanas da Coruña e de Ferrol. A
Xunta, os concellos da Coruña e Ferrol, a Deputación
da Coruña, mais tamén o colexio de Avogados da Co-
ruña, a Unión Profesional de Galicia, a Real Academia
Galega, a Fundación de Enxeñaría Civil da Coruña,
o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Real
Academia Galega de Ciencias, Fundación Barrié, Fun-
dación CEER ou Hospital San Rafael, entre outros, or-
ganizaron actividades en que estivo presente o reitor
da Universidade da Coruña.
Con empresas –tanto pemes como empresas de
maior envergadura como Repsol, Inditex ou Indra– e
asociacións empresariais mantéñense relacións cana-
lizadas coa sinatura de convenios. Nuns casos trátase
de contratos de servizos ou transferencia de tecno-
loxía e noutros establécese un marco legal para que o
estudantado poida realizar prácticas das súas respec-
tivas especialidades.
1...,17,18,19,20,21,22,23,24,25,26 28,29,30,31,32,33,34,35,36,37,...198