FAQS

Os PCTI interesados en solicitar vacacións ou calquera outro permiso deben de encher o impreso que poden atopar nesta ligazón https://udc.es/gl/exi/persoal-contratado-para-tarefas-de-investigacion-pcti/impresos e remitila asinada polo traballador/a e polo responsable do contrato (IP) ao correo electrónico pcti.exi@udc.gal. 
Seá de aplicación o calendario de festas laborais de carácter retribuído e non recuperables que elabore cada ano a Xerencia desta Universidade. O réxime de días inhábiles (patróns, Día da Universidade...) Será o mesmo que o do resto do persoal da Universidade.
 
8 días se o centro no que traballas ten patrón, 9 días no resto dos casos

O artigo 4.5 do Acordo de clasificación profesional e condicións de traballo do persoal contratado ao abeiro da Lei 14/2011, do 7 de xullo, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (persoal contratado para tarefas de investigación PCTI), establece que as persoas responsables ou IP das unidades ou proxectos onde traballe o PCTI poderán decidir sobre a pertinencia ou non do teletraballo e a súa extensión. 

Deberase cubrir a Declaración responsable e remitila a pcti.exi@udc.gal.