Actividades en colaboración con outras entidades

Calendario científico escolar

Calendario científico escolar

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran por oitavo ano consecutivo co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na elaboración da versión en lingua galega do Calendario Científico Escolar, sendo a UDC a única entidade galega participante neste proxecto desde 2019.

A iniciativa inclúe a impresión e distribución dos exemplares nos centros educativos de Galicia, en coordinación coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O calendario reúne 365 efemérides científicas e tecnolóxicas ao longo do ano, constituíndo un recurso educativo dirixido principalmente ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Complétase cunha guía didáctica que facilita o seu aproveitamento transversal nas aulas, baixo principios de inclusión, normalización, equidade e accesibilidade. A edición actual incorpora actividades lúdicas e mantén as efemérides en lectura sinxela, favorecendo así a participación de todo o alumnado, especialmente aquel con dificultades na competencia lectoescritora.

Hilo Tese

Hilo Tese

Unha iniciativa da Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da Sectorial de I+D+i da CRUE, aprobada polo Comité Executivo de Crue–I+D+i, que busca promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica de futuras ou recentes persoas doutoras co apoio da Fundación Ignacio Larramendi. O obxectivo é que aquelas persoas investigadoras en formación, tanto se finalizaron a súa tese doutoral nos últimos 12 meses como se a están a desenvolver, poidan contarlle á sociedade o que fan, como o fan e por que o fan. Para iso, proponse a elaboración dunha publicación en redes sociais en formato dun fío en BlueSky para aproveitar estas rede social e as súas posibilidades como canle de comunicación, adaptando o contido da tese a unha linguaxe sinxela, accesible e atractiva.

A quen vai dirixido? Estudantado de doutoramento e recentemente doutorado das universidades españolas asociadas á Crue.
Convocatoria concurso #HiloTese 2026
Formato Fío en BlueSky
Cando? Xuño

Convocatorias concursos anteriores

Feiras científicas

Feiras científicas

  • Día da Ciencia na Rúa
  • Cullerciencia
  • Openscience
Comisións avaliacións, xurados de premios,...

Comisións avaliacións, xurados de premios,...

  • XXXVII Premios Prisma
  • Concurso de fotografía: CITEEConto...o que vexo!
  • III Premios de Divulgación Científica Epifanio Campo
Congresos, xornadas,...

Congresos, xornadas,...