Plan Microcreds

Plan MicroCreds: Formación flexible e accesible para o futuro laboral

Plan MicroCreds é unha iniciativa do Ministerio de Universidades de España, financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos europeos Next Generation EU, que promove a formación continua mediante microcredenciais universitarias.

A UDC firmou un convenio coa Xunta de Galicia para desenvolver este plan, no que se fixa a cuantia a recibir por cada universidade do SUG, e ó numero mínimo mínimo de microcredenciais a emitir. No caso da UDC, o número de microcredencias a emitir e de 989 correspondentes a 16 accions formativas como mínimo. 

Obxectivos principais do Plan

  • Ofrecer financiamento para a produción de microcredenciales dirixidas a persoas entre 25 e 64 anos.
  • Outorgar bolsas e axudas a persoas en situación de vulnerabilidade (desemprego, baixa renda, exclusión social).
  • Promover a colaboración entre universidades e sectores produtivos para deseñar microcredenciales relevantes e actualizadas.

Requisitos para obter financiación

  • Obxectivo:

    • Desenvolvemento profesional, recualificación, reorientación laboral ou inclusión social.
  • Requisitos de Acceso:

    • Ter entre 25 e 64 anos cumpridos ó inicio do curso.
    • Poderán requerír titulación universitario ou non, dependendo do deseño.
  • Xustificación da necesidade:

    • A oferta de microcredenciais basearase nunha prospección das necesidades de recualificación da poboación adulta, así como dos sectores produtivos, as administracións e as entidades sociais, co obxecto de facilitar a programación e a actualización de microcredenciais relevantes para as persoas traballadoras e as empregadoras. Este aspecto articularase presentando o documento de «declaración de interese». Tamén poderán utilizarse estudos e informes en materia de emprego e formación para xustificar a demanda.
  • Deseño:

    • O deseño das microcredenciais deberá estar enfocado de forma explícita a resultados de aprendizaxe específicos.
    • A emisión das microcredenciais estará condicionada á avaliación positiva dos coñecementos, habilidades ou competencias adquiridos por parte dos e das participantes.
    • Recoméndase que as microcredenciais sexan dunha duración curta (entre 2 e 6 ECTS) e nunca superar os 14 ECTS. A modalidade de impartición pode ser presencial, híbrida (semipresencial) ou virtual.
    • As actuacións financiables non poderán promocionar as actividades indicadas na Cláusula 3.2 do Convenio Microcreds.
  • Financiación:

    • Poderase financiar ata o 70 % dos custos de produción e impartición, sempre que estes custos sexan gastos elixibles.
    • Para establecer o prezo público da matrícula dunha microcredencial terase en conta que este prezo non sexa inferior ao 30 % dos custos directos de produción e impartición, e non poderá superar os custos de produción e impartición, que se estiman en 94 euros por alumno/a e crédito ECTS.
    • O prezo público poderá ser financiado por institución públicas, privadas ou mixtas, sempre e cando esta financiación non proceda de fondos europeos.
  • Visibilidade:

    • A UDC e a dirección da microcredencial publicitará a subvención concedida facendo mención expresa da Xunta de Galicia, así como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextGeneration EU, en todas as publicacións, carteis e toda a documentación relacionada co proxecto.

Vixencia do plan

O plan estará vixente ate xuño de 2026. Una vez rematado o plan, a UDC seguirá a ofertar microcredencias dentro da sua oferta formativa, de igual xeito que o fixo antes da posta en marcha do plan.

Procedemento de solicitude

O profesorado interesado en ofertar unha microcredencial financiada polo Plan Microcreds deberá de seguir o seguinte procedemento:

  1. Xustificar a necesidade da microcredencial mediante o documento de interese.
  2. Seguir os procedementos de solicitude de proposta dunha microcredencial universitaria con certificación dixital.
  3. Cumprir cos requisitos de publicidad e de xustificación da convocatoria.

Referencias de interese

 

 

Logos