A Universidade da Coruña adheriuse ao sistema de contratación centralizada do estado (Central de Contratación do Estado), o que implica a subscrición de diferentes acordos marco coa Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación (DGRCC). Unha vez que se declara centralizado un servizo ou unha subministración, a competencia para contratalos correspóndelle á DGRCC e, independentemente da súa contía, é obrigatoria a contratación a través da Central de Compras das subministracións e dos serivzos incluídos nos acordos marco que subscriba a UDC, agás no caso das expepcións autorizadas pola DGRCC e da posibilidade de solicitar autorización á DGRCC para contratar de acordo coas normas xerais de competencia e procedemento polo propio órgano de contratación.