Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes de García Rodríguez

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

 

En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado deTitulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegan a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE

  • 6 de marzo. “Conservando o patrimonio industrial: pasado, presente e futuro”. Profa. Iria Caamaño Franco
  • 7 de marzo. “A sucesión hereditaria”. Profa. Manuela del Pilar Santos Pita
  • 12 de marzo. “A moda a través da historia”. Profa. Elvira Lezcano González
  • 14 de marzo, en horario por determinar. Saída de campo

MÓDULO II: CIENCIAS E TECNOLOXÍA

  • 20 de marzo. “Situarse no mar: o ceo como guía”. Profa. Alsira Salgado Don
  • 21 de marzo. “Evolución da xestión dos residuos no eido doméstico". Profa. Miriam Timiraos Díaz
  • 3 de abril. “Sustentabilidade e eficiencia enerxética: a resposta aos desafíos do século XXI”. Prof. Álvaro Michelena Grandío
  • 22 de marzo, de 10:30 a 13:30. Saída de campo

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR

  • 10 de abril. “Os pes baixo a lupa”. Profa. Fátima Santaballa Borreiros
  • 11 de abril. “Que é o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva". Profa. Raquel Veiga Seijo
  • 16 de abril. “Augas termáis e Saúde”. Profa. Rosa Meijide Faílde
  • 17 / 18 de abril, en horario por determinar: Saída de campo

 

O día 16 de abril, a partir das 19:15 horas, terá lugar o Acto de clausura e farase a entrega de diplomas ós participantes.

 

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes