Ayudas, becas y tarjetas

Axuda ao Transporte - Tarxeta MILLENNIUM - Curso 2025/2026:

O estudantado da Universidade da Coruña (UDC) pode beneficiarse da TARIFA PLANA – PERFIL UNIVERSITARIO nas liñas de autobuses do concello da Coruña: UDC, 2A, 7, 12, 12A, 14 e 24, incluídas as viaxes noutras liñas con transbordo nas citadas, a partir do 1 de outubro de 2025

O custo de cada viaxe é de 0,30 € (0,15€ por redución 50% ata 31 de decembro de 2025).

Para ser beneficiario debes ter a tarxeta Millennium fisica ou a Tarxeta Millennium QR  no teu móbil, e cambiar o teu perfil xeral a universitario

PROCEDEMENTO

Tarxeta Millennium física (tarxeta de plástico)

O estudantado da UDC que non dispoña da tarxeta Millennium, poderá solicitala nas seguintes oficinas municipais:

Para a tramitación hai que solicitar CITA PREVIA  e ten que seleccionar o trámite: “Tarxeta Millennium”/ “App teléfono móbil”.  Na Estación de Autobuses pode tramitarse sen cita previa.

Se xa dispós de tarxeta Millenium física, acercate a un caixeiro da entidade bancaria onde cargas a tarxeta e activa o teu perfil universitario.

Tarxeta Millennium QR (virtual, aplicacion no teu móbil)

Podes optela sen necesidade de pedir a tarxeta física. Para iso, hai que descargar a  APP Coruña  e logo clica en "Transporte > Autobús urbano > Pago con QR"  e segue as instrucións da pantalla.

Tes a APP Coruña dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS.

Logo de instala no teu móbil tes que pasar a identificarte e activar o teu perfil universitario polas mesmas oficinas municipais que se citan máis arriba. Lembra que tes que solicitar cita previa excepto para o caso da estación de autobuses.

Pode atopar máis información (utilización, traspaso de crédito,...) na seguinte ligazón: Millennium QR

Outras Tarxetas con Bonificación

A tarxeta de Transporte Metropolitano "Xente Nova" : os menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano das áreas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo,

A tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) pódese utilizar no transporte urbano e interurbano de Galicia.

Outras axudas

Algúns concellos da bisbarra de Ferrolterra ofertan axudas ao alumnado que realiza os seus estudos na cidade da Coruña. Os requisitos solicitados varían segundo o concello. Normalmente, contemplan os seguintes aspectos:

  • Estar empadroado/a no concello onde se solicita a axuda.
  • Estar ao corrente no pagamento de tributos no momento da entrega da solicitude.
  • Cursar estudos en que sexa necesario o desprazamento até A Coruña.
  • Baremo económico da unidade familiar.

Habitualmente, as convocatorias publícanse no verán ou a comezos de cada curso e poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nos webs e nos taboleiros de anuncios de cada concello.