Rematado o proceso de selección para a constitución da lista de agarda para a contratación temporal de prazas de técnico superior da UTC (grupo I), convocado por resolución do 21 de xuño de 2006, esta Reitoría resolve facer pública, no anexo que se acompaña, a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas da devandita categoría.
A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación final obtida no proceso de selección, xestionarase segundo o establecido na Resolución do 4 de febreiro de 2004.
Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora de dita xurisdicción, que contan a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación.
A Coruña, 20 de setembro de 2006
O reitor
Asdo.: José Mª. Barja Pérez