Obxectivos

  • MAPA Realizar un mapa de prácticas e recursos sobre a inclusión da perspectiva de xénero na docencia e na investigación que abarque distintos  ámbitos.
  • OBSERVATORIO Establecer as bases para un observatorio permanente sobre as iniciativas emprendidas en distintos centros e universidades. 
  • WEB Deseñar unha web divulgativa que aglutine información veraz e recursos útiles para difundir as súas potencialidades e achegas para a aplicación nas aulas.
  • GUÍA  Elaborar guías básicas para a elaboración de materiais docentes con perspectiva de xénero segundo campo de aplicación.
  • INDICADORES Realización de estudos sobre a inclusión de materias e contidos en materia de xénero nos plans de estudos dos graos co propósito de elaborar indicadores de xénero no seguimento e avaliación dos títulos que sirvan de ferramenta para as comisións de seguimento e as axencias de calidade.
  • SIMPOSIO/FORMACIÓN Realizar un simposio de ámbito estatal no que se presenten os resultados da rede e se contemplen accións formativas para a introdución da perspectiva de xénero na docencia universitaria. 
  • PUBLICACIÓN Promover a publicación de materiais docentes con perspectiva de xénero en editoriais e revistas científicas de alto impacto.
  • EXTENSIÓN Estender a rede con novas achegas significativas incluíndo o ámbito latinoamericano para ter un universo de perspectivas, realidades e prácticas máis extenso e variado e poder integrar distintas necesidades e novidades de interese na inclusión da perspectiva de xénero na formación universitaria.