Bases e Criterios

A quen vai destinado
Este espazo de formación está aberto a toda a comunidade universitaria da UDC dando cabida, en algunhas das actividades programadas, a persoas alleas á UDC.

Os criterios de admisión estableceranse especificamente para cada actividade que se oferte.

Procedemento de inscrición
A preinscrición realizarase a través do formulario electrónico que aparece en esta web.

Por mor do límite de prazas, a preinscrición non implica estar matriculado no curso ou actividade. A confirmación da admisión  comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilite a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente exporanse as listaxes na web da OIX.

Renuncia
En caso de non poder asistir a unha actividade de formación  deberá comunicarse á OIX, para avisar a outra persoa interesada da lista de agarda.
O prazo de notificación da renuncia é de 3 días lectivos antes do inicio do curso ou actividade e terá que ser enviada por correo electrónico á dirección oficina.igualdade@udc.es.

A persoa que non asista a unha actividade de formación ou non notifique a súa falla nos prazos establecidos, perderá a posibilidade de realizar outra das actividades que se oferten en este ano.

Criterios de asignación de prazas
As prazas axudicaranse por orden de recepción de chegada, sempre de acordo cos criterios de admisión establecidos en cada caso.

Certificación
A participación de proveito en cada curso ou actividade implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e a Directora da OIX.
Os certificados enviaranse ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición.
Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mínimo do 85% do mesmo.