17, 18 e 19 de xuño
Prazo de matrícula: do 21 de maio ata o 13 de xuño
Prazas limitadas
Horas de duración: 20
Lugar de realización:
Teatro Coliseo Noela - Concello de Noia
Recoñecemento académico.
Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)
Perfil preferente do alumnado: alumnado ou titulados e graduados en turismo, titulados ou graduados en Administración de Empresas, Economía, Xeografía e Socioloxía entre outros. Profesionais de turismo tanto dende o punto de vista da planificación e xestión de destinos, como das empresas relacionadas coas actividades turísticas (Investigación do mercado turístico, asesoramento e servizos de consultoria, axencias de viaxes, empresas de intermediación, etc..)
Coordinación:
Dirección: Iria Caamaño Franco
Secretaría: María José Andrade Suárez
Entidades colaboradoras:
Prezo:
Prezo público xeral: 50 €
Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade, estudos de Formación Profesional, pensionistas, persoas desempregradas e comunidade universitaria da UDC.
Información:
Facultade de Socioloxía
Campus de Elviña s/n
Tel. 981167000 Ext. 4909
Resumo do curso:
Galicia está a crecer como destino e cada ano recibe máis visitantes. O xeodestino Muros-Noia atópase nun grao de desenvolvemento turístico en crecemento polo que é necesario que os profesionais se sigan a formar para que aprendan a planificar os nosos recursos e servizos de maneira que se creen para produtos turísticos atractivos e que, simultaneamente, repercutan no desenvolvemento socioeconómico sostible do territorio. Para este fin, ofrécese un programa formativo en que se analiza a transformación que está a sufrir o sistema turístico no contexto actual, así como as tendencias, oportunidades, retos e dificultades ás cales se enfronta este sector.