XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística

16/05/23 9:09

Traballando en Lingua no Lecer

A XVI edición do curso de verán centrarase en fomentar o uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc.

Persoas destinatarias

Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, intérpretes, tradutoras/es etc.

Datas e lugar de realización

12 e 13 de xullo, no Fórum Carballo

Prazo de matrícula aberto ata o 6 de xullo.

 

 

 Programa

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística